CP INCLÚE

Escape Room Igualdade

Este venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun escape room de igualdade no salón de actos do centro dentro da liña do Contrato Programa CP Inclúe, promovida pola Consellería de Educación.

 

Tratábase de resolver un roubo relacionado con mulleres relevantes de Galicia: Rosalía de Castro, Maruxa Mallo... Divididos en equipos e dispoñendo cada un deles dunha maleta, debían descifrar pistas, que abrían diferentes candados ata chegar a unha caixa forte final.

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu e se divertiu.

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo desta semana acompañáronnos no centro uns amigos da Empresa Integra, que promove a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. Durante tres días desenvolveron actividades para o alumnado de 1º e 2º ciclo. O obxectivo sensibilizar sobre a DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Os niveis de 1º e 2º traballaron o conto "Por catro esquiniñas de nada". A través del descubriron valores como a amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto ás diferenzas, a diversidade...  e  puideron tomar conciencia das discapacidades.

 

 

O alumnado de 3º e 4º niveis estivo vendo e dinamizando o conto "Cro Cro na escola dos  esqueletes". Puido comprobar como as diferencias son moi enriquecedoras e favorecedoras para nós e a nosa contorna.