Escape Room Igualdade

Este venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun escape room de igualdade no salón de actos do centro dentro da liña do Contrato Programa CP Inclúe, promovida pola Consellería de Educación.

 

Tratábase de resolver un roubo relacionado con mulleres relevantes de Galicia: Rosalía de Castro, Maruxa Mallo... Divididos en equipos e dispoñendo cada un deles dunha maleta, debían descifrar pistas, que abrían diferentes candados ata chegar a unha caixa forte final.

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado aprendeu e se divertiu.