REFÓRZA-T

DE PROA A REFÓRZA-T

Comezamos coa 1ª liña do Contrato Programa, ata este curso denominada PROA, e que agora se chama REFORZÁ-T. É xa tradicional no noso centro. Trátase de clases de reforzo pola tarde, en horario non lectivo, cun profesor/a externo ao colexio. Ao finalizar son transportados ás súas vivendas en taxi. É posible levala a cabo gracias á axuda do Fondo Social Europeo e da consellería de Educación. Neste curso acompáñanos a profesora Vanesa, que o está dando todo para axudar aos nenos e nenas.