Infantil

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

  “La paz es hija de la convivencia, la educación y el diálogo”: Rigoberta Menchú, premio Nobel de Paz.

Hoxe, 30 de xaneiro, é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, que morreu asasinado en 1948 na India. Foi un gran loitador que empregou todo tipo de estratexias, pero nunca a violencia. Detestaba as inxustizas e defendía a xente máis débil. 

No colexio quixemos celebrar este día cun pequeno acto, no que cada nivel nos mostrou o mellor dalgún persoeiro, que dalgunha maneira traballou en prol da PAZ. O alumnado de 3º A agasallounos cunha fermosa versión da canción "No dudaría", que nos invitou a reflexionar para non empregar nunca a violencia. Así mesmo algúns dos alumnos/as de 6º B, nos interpretaron o tema "Imagine" de John Lenon, en francés e inglés, sen dúbida unha das cancións que máis representa a unión de culturas. Noraboa a todos/as!!!

              

Máis fotos no seguinte álbum.

Recepción de Melgasar, Xandobela e... moito máis!

Chegou o gran día. Hoxe, ademais de comezar o inverno oficialmente, é o derradeiro día de clase deste trimestre e os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro están moi emocionados polas actividades da xornada. 

Ás 10h comezaba a recepción de Melgasar, o carteiro real das súas Maxestades de Oriente. E vaia calorosa benvida lle deron os nenos/as de infantil!

Na biblioteca comezaban os primeiros talleres de maquillaxe e perruquería, e no patio cuberto os xogos de Xandobela! Que ben o están a pasar!

  

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Nadal 2018

Coñecendo máis ao Apalpador

Este Nadal, o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ao Apalpador. E tan de preto, que ata entraron na súa casa. 

 

Alí puidemos comprobar como era o seu día a día, as súas tarefas, os seus enredos...

 

 Chamáronnos a atención moitas cousas, como facía o carbón, como secaba as castañas...

E o máis importante, aprendemos moito sobre a nosa historia e cultura.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Apalpador

Intercambio de postais de Nadal

Nos últimos días do primeiro trimestre, fíxose o intercambio de postais de Nadal elaboradas polo propio alumnado entre aulas. Que emoción recibilas da man dos seus propios compañeiros/as!

  

Algúns tamén compartiron algunha que outra lamboada!

 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Intercambio de postais

Concerto de Nadal

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria asistiu este luns á primeira actividade de Nadal, un concerto no Salón de Actos. Que ben o pasaron!

 

Saída ao cine

Chega decembro e, como xa é habitual no noso cole, o alumnado de infantil realiza unha das saídas que máis ilusión lles fai: ir ao cine!

Esta vez acercámonos ás “Cancelas” para ver : “EL GRINCH” un ser verde que vive nunha cova situada no alto dunha montaña e que pretende estropearlle o Nadal ao pobo Villaquien.

Disfrutamos moito da experiencia, e recomendámosvos esta peli ao pesar do pequenos que somos, pois resalta aspectos moi importantes a ter en conta non só no Nadal.

Seguimos movéndonos pola Prehistoria

O edificio de Infantil xa está mimetizado coa etapa histórica que lles tocou estudar: a Prehistoria.

A entrada ao colexio semella unha caverna na que os primeiros homínidos, aínda nómadas, se refuxiaban.

O alimento conseguíano mediante a recolección de froitos, a caza e a pesca; e como Oroso é terra de ríos e pescadores, non podía faltar un río (ata ten unha fervenza) onde bañarse e pescar.

Máis fotos no álbum:

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha viaxe a través do tempo (A Prehistoria)

Marmelada de mazá

O alumnado de 3 anos estrea o seu recetario cunha receita típica desta época do ano: unha rica marmelada de mazá. Seguide o proceso de elaboración no seu blog.

 

A miña familia cavernícola

Comezamos a aventura de viaxar a través do tempo achegándonos ao Paleolítico da man do noso alumnado de 6º de Infantil. Cun pouco de imaxinación, recrearon como sería a súa familia se vivisen na Idade de Pedra. Ademais, tamén se puxeron na pel dos nosos antepasados para decorar as paredes do colexio con estas pinturas rupestres. Bo traballo artistas!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Unha viaxe a través do tempo (A Prehistoria)

Na procura de cabazas

O alumnado de 4º de Infantil (3 anos) estivo traballando o conto Corre, corre cabaciña. Así que non se lles ocorreu outra cousa que ir na procura de cabazas. A onde? Á nosa horta!

Miraron e requetemiraron por toda a horta. Ata entraron no invernadoiro.... pero nin rastro de cabazas!

Onde irán todas as nosas cabazas? Seguide a súa investigación no seu blog Eu cociño, ti cociñas.