Matrícula e inscripción do alumnado

RESERVA DE PRAZA 2019/2020

Estimadas familias, en relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2019/20 informámolos de que todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) antes do día 15 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos en breve dos requisitos a seguir.

O procedemento para a admisión do alumnado recóllese na orde  do 12 de marzo de 2013, segundo a cal o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro

Calendario de matriculación para o curso 2018/2019

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2018/2019

(Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo de 2013)

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO

Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. 

alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I ED550A*) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en administración) entre o 1 e o 15 de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión (Anexo II ED550B*),seguindo as instrucións do recadro seguinte. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (Anexo III-2).

 ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO 

(xa poden facelo os nados en 2015)

1. Do 1 ao 20 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ED550B*) ou a través da aplicación "admisionalumnado"  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)  Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

  •  Fotocopia do DNI do alumno/a  ou do Libro de Familia.
  • Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

      As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

2.    Antes do 25 de abrilPublicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

3.    Do 20 ao 30 de xuñoFormalización da matrícula (E.Infantil e Primaria) con impreso (Anexo III-I*). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

 *Os Anexos pódense recoller no despacho da administrativa do Centro, descargar dende a nosa web (www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro) ou dende a páxina da Consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858). Tamén se poden cumprimentar as solicitudes e imprimilas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es/portada

 O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

 HORARIO de atención da ADMINISTRATIVA:

               - Pola mañá: luns, mércores, xoves e venres de 9:00 a 15:30 e os martes de 9:00 a 15:00 horas.

               - Pola tardemartes de 16:30 a 18:30 horas.

 Sigüeiro, 30 de xaneiro de 2018

VACANTES CURSO 2017-2018

RELACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES DESTE CENTRO PARA O CURSO 2017/18

 

 

INFANTIL

NIVEL

Nº VACANTES

1º (3 ANOS)

50

2º (4 ANOS)

23

3º (5 ANOS)

31

PRIMARIA

NIVEL

Nº VACANTES

3

11

7

0

5

1

 

 

MATRÍCULA 2017-2018

 

(Orde do 12 de marzo de 2013, DOG 15-03-2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, DOG 01-02-2017)

 

ALUMNADO ACTUALMENTE ESCOLARIZADO NESTE COLEXIO

Non precisa facer reserva de praza para o vindeiro curso, pois xa conta con ela ata finalizar a Educación Primaria. O alumnado de 6º que vaia para o IES de Oroso, centro ao que este colexio está adscrito, cumprimentará o modelo (Anexo I) que se lle facilitará no centro e entregarállelo ao seu titor/a (ou en secretaría) entre o 1 e o 15 de febreiro. As/os alumnos/as que queiran ir a outro Instituto deberán presentar alí a solicitude de admisión (Anexo II, ED550B*),seguindo as instrucións do recadro seguinte. Nos dous casos deberán formalizar a matrícula no Instituto ao que vaian entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

 

ALUMNADO QUE QUERE CAMBIAR DE CENTRO OU ESCOLARIZARSE POR PRIMEIRA VEZ NO VINDEIRO CURSO (xa poden facelo os nados en 2014)

1. Do 1 ao 20 de marzo: Presentación na Secretaría do Centro da solicitude de admisión (Anexo II ED550B*ou a través da aplicación “admisionalumnado”  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Esta só se poderá presentar nun único centro (o indicado en primeiro lugar) relacionando, se así o desexan, ata seis centros por orde de preferen­cia. Terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación: 

Fotocopia do DNI do alumno/a  e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a súa consulta.

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (Libro de familia,...)

 -

Se é trasladado doutro centro, certificación de matrícula.

 As/os que queiran cambiar de Centro, deberán remitir ao colexio de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo Centro.

 2. Do 23 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados(só no caso de non haber praza para todos, o que se comunicaría previamente).

 3. Antes do 25 de abril: Publicación provisional das listaxes do alumnado admitido no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro (disporán dun prazo de 5 días hábiles para posibles reclamacións). Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido, antes do 15 de maio.

 4. Do 20 ao 30 de xuño:Formalización da matrícula (E.Infantil e Primaria). De non facela entenderase que o alumno/a renuncia á praza.

 

*O Anexo II pódese recoller no despacho da Administrativa do Centro, descargar dende a web do Colexio, ou dende a páxina da Consellería.

 

O noso Centro está adscrito ao IES de Oroso. Así mesmo o CRA de Oroso está adscrito ao noso Centro polo que o seu alumnado terá prioridade para obter praza no noso colexio. O Centro conta con servizo de comedor escolar regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG do 5 de marzo de 2007) e o Decreto 132/2013.

HORARIO de atención da administrativa:

- Pola mañá: luns, mércores, xoves e venres de 9:00 a 15:30 e os martes de 9:00 a 15:00 horas.

-  Pola tarde: martes de 16:30 a 18:30 horas.

 

 

Sigüeiro, 21 de febreiro de 2017

Reserva de praza

 

Estimadas familias, en relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2017/18 informámolos de que segundo se recolle na orde  do 12 de marzo de 2013, modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

·    O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano. Como novidade neste curso, tamén se poderá facer esta reserva a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). 

No noso caso, todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) antes do día 15 de febreiro.

EN CANTO AO ALUMNADO QUE DESEXE IR A OUTRO CENTRO, ASÍ COMO OS/AS QUE SE ESCOLARIZAN POR PRIMEIRA VEZ, INFORMARÉMOLOS EN BREVE DOS REQUISITOS A SEGUIR.

 

 

Sigüeiro, 31 de xaneiro de 2017