RESERVA DE PRAZA 2019/2020

Estimadas familias, en relación á matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2019/20 informámolos de que todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) antes do día 15 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos en breve dos requisitos a seguir.

O procedemento para a admisión do alumnado recóllese na orde  do 12 de marzo de 2013, segundo a cal o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como Anexo I (ED550A) da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro

AnexoTamaño
ED550A-G.pdf1.04 MB