RESERVA DE PRAZA 23/24

En relación á matrícula do alumnado que cambia de etapa para o vindeiro curso 2023/24 informámolos de que se abreu o prazo para solicitar praza en centros adscritos.

Polo tanto todos aqueles alumnos/as de 6º de Primaria que teñan intención de facer a ESO no IES de Oroso, deberán presentar no noso colexio o documento de reserva de praza (Anexo I) entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro ou ben cumprimentalo directamente na aplicación admisionalumnado.

En canto ao alumnado que desexe ir a outro centro, así como os/as que se escolarizan por primeira vez, informarémolos no seu momento dos requisitos a seguir.