2º ciclo

Reunión coas familias do alumnado do 3º e 4º de E. Primaria

17/10/2017 16:30

martes 17 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 3º e 4º de E. Primaria. Agardámosvos.

SAÍDA FIN DE CURSO 3º E 4º DE PRIMARIA

Este mércores, 7 de xuño, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de primaria visitaron o Galipark, en Padrón. Fixeron escalada, tiro con arco, lasertag, un circuíto de altura, deslizáronse por unha rampla de auga, refrescáronse na piscina e ata tiveron tempo de lanzarse por unha tirolina de 200 metros de lonxitude!!!

Picade na foto se queredes ver máis, iremos subíndoas todas ó longo da semana!

ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS

Grazas á Obra Social "la Caixa" e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, levouse a cabo no colexio a actividade "Almorzo con beizos brancos" para o alumnado de 4º de Primaria, participante no proxecto Cookmat. Os obxectivos son sensibilizar aos nenos/as sobre a importancia que ten almorzar todos os días dunha maneira completa e saudable así como dar a coñecer o sistema productivo do leite. Contou cunha parte teórica e unha práctica na que todos/as degustaron dúas mandarinas, un vaso de leite enteiro con cacao puro e pan galego con aceite de oliva. Hmmm! Canto lles gustou!

CAN DE PALLEIRO

Este luns 18 de xaneiro os nenos e nenas de 3º e 4º curso de primaria do CEIP de Sigüeiro visitamos o centro sociocultural da vila para asistir a unha charla sobre o Can de Palleiro!

Aprendemos moitas cousas sobres os cans en xeral e ata tivemos unha demostración de habilidades a cargo de Loira e Iago! Moitas grazas ó Club Raza Can de Palleiro!

Pica se queres ver máis fotos...

VISITA AO MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS

Este venres 16 de decembro as nenas e nenos de 3º curso de primaria visitamos o museo das ciencias naturais, en Santiago de Compostela. Estivo xenial!!!

Aquí tedes algunhas das fotos da xornada!

VISITA AO MUNCYT "Museo de Ciencia e Tecnoloxía"

O venres as clases de primeiro e segundo realizamos a nosa primeira excursión deste curso!!!!!! Fomos ao Museo de Ciencia e Tecnoloxia da coruña. E ... o mércores, 14 de decembro, fomos os de cuarto. Alí aprendemos moitas cousas. Ah! estivemos dentro do avión BOEING 747 que é o JUMBO. Realizou o seu primeiro voo no ano 1970 e foi o avión máis grande de pasaxeiros durante tres décadas. Alí está un cachiño moi pequeniño deste avión e correspóndese coa dos viaxeiros de primeira. Que amplios asentos! E ata tiñan tele!. Tamén puidemos ver a cabina dos pilotos. Algo sorprendente foi descubrir que para fabricar avións empréganse materiais moi lixeiros como o cartón. Si, o chan dos avións pode ser de cartón e nos puidemos comprobar como non era posible rompelo, nin se aplastaba. Estaba disposto en exágonos seguindo o modelo dos panales das abellas e así convírtese nun material moi resistente e segue sendo moi lixeiro.