2º ciclo

OBRADOIRO DE XELA

Hoxe tivo lugar outra das actividades para conmemorar a figura de Xela Arias. Esta vez foi o alumnado de 4º o partícipe dun obradoiro sobre Xela, que nos ofreceu a Asociación de escritores en Lingua Galega con Andrea como guía. Achegámonos á Xela Nai a través do seu libro "Dario a diario" e soubemos que a súa poesía se caracteriza polo verso libre. Nada mellor que levalo á práctica para descubrir de que se trata, e en nada, convertímonos en poetas. Tivemos que traer ao colexio unha fotografía con alguén da nosa familia a quen lle escribimos un poema. Fixemos unhas composicións xeniais!!!

  

  

SABER O MAR

Hoxe, disfrutamos dun obradoiro que nos transportou ao MAR. Dende a Sala do Mar do Museo do Pobo Galego, chéganos ao centro un educador cunha maleta chea de elementos mariñeiros. E non só iso, ademais puidemos conectarnos en directo coa mesma Sala do Mar do Museo. Foi moi divertido!

      

A HORTA É SAUDABLE

En 3º de Educación Primaria móstrannos a importancia do toxo que antigamente se empregaba para abonar as terras, a través do poema “ As froliñas dos toxos “ de Noriega Varela.

3º Educación Primaria 

 

En 4º de Educación Primaria explícannos que os recursos da horta son moi saudables co poema “ Labrego” de Manuel María.

 

4º Educación Primaria

Reunión informativa 4º

08/09/2020 13:00

O martes 8 de setembro ás 13h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

Reunión informativa 3º

07/09/2020 13:00

O luns 7 de setembro ás 13h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

ROSCO Ó RESCATE

Rosco ó Rescate é un proxecto educativo no que dende CASA GRANDE DE XANCEDA visitan os centros de primaria de Galicia para fomentar valores de coidado do medio ambiente e da biodiversidade.

Como nestes momentos non é posible, decidiron gravar esta formación para que todos os nenos e as nenas poidan desfrutala igualmente.

Premede na LIGAZÓN para acceder a ela!

ACTIVIDADES MUSICAIS

SMILE AND LEARN INSTRUMENTOS MUSICALES PARA NIÑOS.

EDUC@CONTIC: XOGOS MUSICAIS DE VOCES, INSTRUMENTOS, TEMPOS, AUDITIVOS,LINGUAXE MUSICAL, AHORCADOS....

KARAOKES ON LINE. 

MÚSICA RELAXANTE DE VANGELIS, ENYA, MIKE OLFIELD,GWENDAL...

 

Célula animal Vs Célula vexetal.

A última sesión do club de ciencia consistíu en observar a través do microscopio células vexetais e animais.

 

Xermes e virus, á procura dos microbios.

O pasado mércores no club de ciencias falamos dos virus e das bacterias. Observamos imaxes do aspecto de ambos e fixemos un comecocos onde cada pestana é un consello ou precaución que debemos ter en conta. 

 

 

O segundo experimento que realizamos foi meter nunha bolsa hermética un trozo de pan bimbo manoseado. Despois  cerramos a bolsa sen apenas aire e traerémolo de volta a semana que ven. Que pensades que nos imos a atopar na bolsa? Cáles serán os cambios no pan? 

Amigo cespiño

A actividade da semana pasada no club de ciencia consistiu en encher unha media con terra, abono e sementes de céspede. Co paso do tempo observaremos como nace a herba polos buratos da media. Ó final recolléronse todas e deixámolas no invernadoiro do cole .