2º ciclo

EXCURSIÓN DE 3º Á DOMUS E MUNCYT NA CORUÑA

O alumnado de 3º de Primaria pasouno en grande na DOMUS e no MUNCYT da Coruña. Algo que lles chamou a atención foi a cabina do Boeing 747 “Lope de Vega”, o avión que trouxo o "Guernica" a España ou o primeiro ordenador. Impresionante!

  

   

    

    

1ª CHARLA "SANA HOXE, VIVE MAÑÁ"

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º asistiu no colexio a unha charla impartida pola nutricionista Goretti Tuñas sobre alimentación. Está dentro da liña Edu- Saúde do Contrato Programa CP INNOVA. Constou dunha primeira parte cunha proxección no salón de actos e dunha segunda con xogos no pavillón. Tratou sobre a historia da alimentación dos humanos, dende o momento en que apareceu a vida, a partires dunha bacteria, ata os cazadores - recolectores. Por certo que as bacterias seguen entre nós e dentro de nós na nosa microbiota intestinal e son moi importantes para manternos sans e para as nosas defensas. Reflexionamos sobre unha dieta variada e saúdable. Foi moi interesante. Quedamos á espera da segunda charla para o vindeiro mes porque queremos seguir aprendendo sobre a maneira máis saúdable de alimentarnos.

    

  

EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE

Hoxe en 4ºC tocou unha nova sesión experimentando e coñecendo o mundo que nos rodea. Fixemos dous experimentos. No primeiro puidemos ver como cambiando a densidade da auga (engadíndolle sal) un ovo pasaba de afundirse a flotar. Resulta que, se a densidade do obxecto que introducimos na auga ten unha densidade menor que a auga, flota!!! Pero se é menor, afúndese. Que interesante. 

Tamén vimos o importante que é lavar as mans cunha sinxela demostración con pementa. 

Encántannos os experimentos!

 

 

SAÍDA AO AUDITORIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Hoxe xoves 30 de novembro os nenos de 3º A, 3º B E 3º C de Educación Primaria, asistimos ao concerto didáctico "Pulcinella e a máscara máxica", con música de Igor Stravinsky e a Real Filharmonía de Galicia.

 

                                                                                                                   

Let's keep singing!

Today is Friday ... we can sing at break time!

 

COIDADO CO VOLCÁN!

 

O alumnado de 4º C  sempre está a discorrer, agora ocorréuselles investigar sobre os volcáns e para

iso nada mellor que facer un. Aquí podedes ver cal foi o proceso que seguiron. Nada mellor que

aprender facendo. 

 

 

    

OBRADOIRO STEAM

O alumnado de 4º de Primaria participou nun obradoiro STEAM de Arte Pop, empregando imaxes e temas da sociedade do consumo e da comunicación de masas. Levaba por título Non STOP para a arte POP e foi promovido pola Afundación Abanca. Tratouse dun divertido xogo de pistas para coñecer e achegarnos á cultura pop, clave e referencia do mundo do comic, a televisión, o cine e a música. Tivo lugar en Santiago na Sede Afundación.

  

O Camiño Inglés na escola

Esta semana o alumnado de 2º Ciclo puido aprender un montón de cousas sobre unha das rutas a Santiago de Compostela. Trátase do Camiño Inglés que ademais pasa polo noso concello e pola vila de Sigüeiro, e que nos últimos anos experimentou un gran auxe aumentando enormemente o número de camiñantes que a través del se dirixen a Santiago. Foi por conta da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia para sensibilizar e difundir os valores xacobeos. E nada mellor que aprender xogando, nesta ocasión utilizamos un tableiro cun xogo similar ao tradicional Oca. Que divertido!!!

 

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo desta semana acompañáronnos no centro uns amigos da Empresa Integra, que promove a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade. Durante tres días desenvolveron actividades para o alumnado de 1º e 2º ciclo. O obxectivo sensibilizar sobre a DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Os niveis de 1º e 2º traballaron o conto "Por catro esquiniñas de nada". A través del descubriron valores como a amizade, a aceptación, a superación, a autoestima, o respecto ás diferenzas, a diversidade...  e  puideron tomar conciencia das discapacidades.

 

 

O alumnado de 3º e 4º niveis estivo vendo e dinamizando o conto "Cro Cro na escola dos  esqueletes". Puido comprobar como as diferencias son moi enriquecedoras e favorecedoras para nós e a nosa contorna. 

 

 

 

let's sing on Friday!

On Fridays we can sing at the break time!