Outra das experiencias que desenvolveron as alumnas de prácticas do Máster DIDES da USC durante o pasado mes de abril foi un "Escape Room" educativo con retos STEAM.
Primeiro, ambientouse a aula en función da temática seleccionada pola maioría. Harry Potter foi o elexido!
Despois foron pasando pola aula en equipos cooperativos de 10 alumnos/as. Para saír había que superar catro retos de lóxica, matemáticas, ciencia... Cada desafío proporcionaba un díxito que abría un candado na proba final. Soamente conseguiron sair os que superaron todos os retos. Para iso precisábase moito diálogo, cooperación e, sobre todo, traballo en equipo. Iso si, tanto os que o lograron coma os que non, encheron as súas mochilas de aprendizaxes e levarán sempre a experiencia.