Equipo DLG

XA ESTÁ AQUÍ A NOSA PARTICULAR GALIÑA AZUL!!!

O noso alumnado de Infantil estaba impaciente e desexoso de que rematara a conta atrás para o nacemento dos pitiños entre os que se atopaba, como non! A Galiña Azul. Eran 21 días que foron tachando un a un. E por fin puideron presenciar o nacemento da que será unha galiña algo diferente ás outras, coma a de Casares. Que emoción!!!

 

PRESENTACIÓN DA HORTA E LEMBRANZA A CASARES

E chegou o día grande. Por unha banda recoñecemento á nosa horta con todo o traballo que hai detrás, e pola outra, homenaxe a ese home que dedicou gran parte da súa vida a loitar polo galego e pola súa normalización, Carlos Casares.

Para a presentación da nosa horta non podía faltar unha representación do concello, que no seu momento nos traballou a terra, nin da ANPA "A Nosa Escola" que sempre nos brindaron a súa axuda con este proxecto; por suposto tiñan que estar presentes os nenos e nenas que tanto traballaron nela e todo o profesorado. "Hortocol" é unha das miniempresas nacida no noso colexio a raíz do programa da Consellería de Educación "Eduemprende" patrocinado pola Fundación Alcoa. Despois de moito traballo, esforzo, empeño, ilusión... podemos decir que o soño deste proxecto e desta miniempresa do alumnado de sexto está cumprido. Xa se están vendendo os seus productos e empezando a obter beneficios. NORABOA CHICOS E CHICAS DE SEXTO ASÍ COMO ÁS VOSAS PROFES!!!

 

E para homenaxear as Letras Galegas e a Carlos Casares algúns dos nosos alumnos interpretaron con violíns e teclados o himno galego e deuse lectura ao poema "Amemos". Para rematar, o alumnado de sexto representou no salón de actos dúas obras do autor, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" e "A Galiña azul". Que ben o fixeron!!!

 

 

SEMANA GRANDE DAS NOSAS LETRAS

E se na semana pasada dabamos comezo á celebración das LETRAS GALEGAS cos CONTOS DE TORIBIO a cargo de PEDRO BRANDARIZ, nesta semana grande estamos cargadiños de actividades, todas elas moi divertidas... 

Hoxe, día 16, tivemos por unha banda, xogos que nos organizou a ANPA "A Nosa Escola", e pola outra estiveron con nós durante toda a xornada, dous OLEIROS DE BUÑO co seu torno, explicándonos todo o proceso do barro e transmitíndonos toda a súa sabiduría.

 A xincana dos XOGOS DAS OBRAS DE CASARES foi superdivertida, eran un total de 14 xogos. Todos eles tiñan relación coas obras do escritor que se homenaxea este ano, Carlos Casares, así habia unha laranxeira, unha galiña azul... e moitos máis.

CARLOS CASARES

Entre un Vento Ferido que non se decide a deixarnos, e Un Sol de Verán que non acaba de acompañarnos....chega nestes días o momento de coñecer un pouco mellor a Carlos Casares Mouriño. 

Así que, si queredes sabelo  todo sobre esta figura das nosas letras e das súas obras, non dubides en botarlle unha ollada ó mural que montou o alumnado de 3º, no que non falta de detalle.

TORIBIO CHEGA AO NOSO CENTRO......POR PEDRO BRANDARIZ

Toribio é un neno de oito anos cun enxeño fóra do común que desfruta inventando todo tipo de artiluxos imposibles. Xunto a él, e da man do seu creador Carlos Casares, viaxaremos sen tregua polo mundo da fantasía.

Carlos Casares creou esta saga nos anos 90, adiantándose así ao fenómeno que este estilo de  literarura infantil causa na actualidade.

Hoxe, o alumnado do centro puido disfrutar da presentación deste personaxe de xeito lúdico da man de Pedro Brandariz, divertido contacontos que encheu a nosa xornada de cor e risas.

Agradecemento a Manuel Rivas!

O semana pasada visitounos Manuel Rivas e realizamos un acto simbólico plantando un camelio para homenaxear a Rosalía de Castro. Tivemos coñecemento da difusión da actividade por parte do escritor nas redes sociais. Desde a web do centro queremos agradecerllo!

 

Visita de Manolo Rivas

"Nunha cidade costeira, Rosa Ribero, unha xornalista sen pelos na lingua, ve como todo o seu mundo da un xiro radical o embarcarse nunha perigosa aventura da man de Bala Perdida, un pirata".

Así é o mundo literario no que se está a mergullar o noso alumnado de 6º!

E por si a aventura non resultara a todas luces apaixoante, tivemos a sorte de compartir a nosa visión co seu autor, Manolo Rivas, quen non dubidou en respostar a tódalas nosas preguntas; ler con nós os seus parágrafos favoritos; firmar os nosos exemplares e mesmo colaborar  na plantación dunha camelia en conmemoración polo aniversario de Rosalía. 

 

Graciñas Manolo!

UNHA CAMELIA PARA ROSALÍA!

Aproveitando que estivo Manolo Rivas no noso centro, para falarnos do seu libro Bala Perdida, quixemos conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía. Para iso plantamos unha das árbores preferidas da autora coa axuda deste grande das nosas letras. Grazas Manolo! Esperamos que a nosa camelia medre tanto como as túas obras. 

NO NADAL... moita festa e MELGASAR!!!

Coma cada NADAL no CEIP de Sigüeiro, tivemos a oportunidade de entregarlle as Cartas de Reis ao paxe MELGASAR. Que nervios mentres o esperabamos!  

       

E despois FESTA! Pero antes hai que pasar por maquillaxe, manicura, perruquería...

POEMAS DE OUTONO

Xa nos empezaron a chegar os poemas que pediramos para celebrar o comezo do outono.