SEMANA GRANDE DAS NOSAS LETRAS

E se na semana pasada dabamos comezo á celebración das LETRAS GALEGAS cos CONTOS DE TORIBIO a cargo de PEDRO BRANDARIZ, nesta semana grande estamos cargadiños de actividades, todas elas moi divertidas... 

Hoxe, día 16, tivemos por unha banda, xogos que nos organizou a ANPA "A Nosa Escola", e pola outra estiveron con nós durante toda a xornada, dous OLEIROS DE BUÑO co seu torno, explicándonos todo o proceso do barro e transmitíndonos toda a súa sabiduría.

 A xincana dos XOGOS DAS OBRAS DE CASARES foi superdivertida, eran un total de 14 xogos. Todos eles tiñan relación coas obras do escritor que se homenaxea este ano, Carlos Casares, así habia unha laranxeira, unha galiña azul... e moitos máis.

  

 

 

 

E cos oleiros aprendemos un montón de cousas sobre o barro: onde se colle, como se traballa, como se pinta, como se corta, como se coce... Chamounos a atención como se pinta ou máis ben se pintaba, era cunha pluma da á dereita dunha galiña para os diestros, da á esquerda para os zurdos; máis tarde facían pinceles con pelo. Cantas cousas descubrimos!!! Ata puidemos pasar polo torno e moldear o barro. Que interesante!!!