Equipo DLG

DÍA DE ROSALÍA

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro no seu día, 24 de febreiro de 2021.

SOMOS SAUDABLES!

Rematou a semana dos mandados, na que fixemos todo o q nos ordenou Mecosán.

          

Hoxe cumprimos o último mandado. Os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro somos os alimentos que configuran unha piramide alimenticia moi saudable: cereais, pan, froitas, verduras, peixes, doces... Que fartura!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Entroido 2021

Contos choqueiros para celebrar o Entroido

Ao longo destes dous últimos días da semana, achegámonos aos Entroidos tradicionais galegos da man de Manuela Varela (Dinamo Producións) e os seus "Contos Choqueiros".

Antela, a protagonista dun dos contos, tiña medo dos peliqueiros de Laza; ata que descubriu que quen se agochaba detrás do fermoso traxe era a súa nai.

    

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Contos choqueiros

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os nenos e nenas de 6º

participaron na Xornada Divulgativa “As ciencias escríbense en feminino”,emitida por streaming e 

organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit.

Quince mulleres relevantes nas disciplinas STEMcompartiron con nós as súas experiencias 

traxectoriase os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias. 

No evento tamén participaban Vermislab e Ciencia Divertida que nos agasallaron con divertidos experimentos.

Como se di

Deixámosvos estes videos gravados pol@s nen@s de 2º e 6º de EP coas solucións das dúas primeiras semanas.

As palabras da próxima semana son:

 

Animádevos a participar! 

Revista xaneiro 2021

      Revista xaneiro 2021

 

     Fai click na imaxe para descargar o PDF

Revista novembro - decembro

Revista novembro - decembro

             Fai click na imaxe para descargar o PDF

Concurso de Postais

Como todos os anos organizamos o "Concurso de postais de Nadal". Este ano foi moi difícil escoller a gañadora, porque todas eran moi orixinais e creativas, estes rapaces e rapazas son uns artistas.

Deixámosvos unha pequena mostra para que o comprobedes.

VOCABULARIO DO OUTONO

COLLAGE DO VOCABULARIO DE OUTONO

 

  • ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL B

  • ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL B  

                                                                                                                                  

VISITA O NOSO OUTONO FOTOGRAFADO

Xa  recibimos as primeiras achegas do outono fotografado. Agardamos que continuedes enviando.

 

 

 

Gracias por colaborar!

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> O noso outono fotografado