Equipo DLG

Carta con premio a Cosme III de Médici

Entre as actividades propostas durante este ano polo Concello de Oroso para continuar a promocionar o Camiño Inglés, convocouse a 3ª edición do concurso escolar sobre o Camiño Inglés, no que se convidaba ó alumnado de 5º e 6º de educación primaria dos centros educativos do Concello, a escribirlle unha carta ás personaxes destacadas que percorreron a ruta ó longo dos séculos.

Neste curso a carta do alumnado ía dirixida ó herdeiro do ducado da Toscana, Cosme III de Médici, o que precisaba dotes de investigación para empaparse da personaxe antes de afiar o lapis e dotar a misiva de expresividade e emoción.

Isto foi o que fixeron as alumnas Xiana Rodríguez  (6º B) e Noa Ratón (6ºA) acadando o 1º e 2º premio respectivamente, e que recibiron onte na VI Gala da Cultura no Centro Sociocultural "Fernando Casas e Novoa" da man do concelleiro Eduardo Veiras.

Parabéns ás dúas.

Feira do Tempo

A verdadeira aprendizaxe, a que perdura na memoria, é aquela que se constrúe facendo a partir da experiencia propia, que está dotada de significado e vinculada coas emocións, que estimula a capacidade de investigar, que favorece a colaboración e a autoxestión da aprendizaxe por parte do alumnado e que desenvolve comportamentos responsables, colaborativos e de traballo en equipo.

Exemplo de isto é a actividade desenvolvida hoxe no noso centro, "A Feira do Tempo". Coa implicación de todo o profesorado e alumnado, amosando o gran traballo realizado ó longo do curso a través do seu particular percorrido dende a Prehistoria ata ó Modernismo, sen esquecer a Cultura Clásica, a magnificencia do Antigo Exipto ou as construcións Medievais. Unha festa chea de obradoiros, presentacións, xogos, vídeos..... onde todo vale para aprender xogando e xogar aprendendo todos/as xuntos/as.


Visita a galería para ver máis

Xogos Tradicionais Infantil

Continuamos coas actividades das Letras Galegas e hoxe recibimos a Mari de Loureiro, amiga de Antón Fraguas, e a Dona carme, a que sempre estaba a durmir...

Con elas disfrutamos dunha fermosa e divertida historia ademais de compartir unha morea de xogos tradicionais que rematamos co coñecido "pase misí".

Gracias á Asociación DiverCida por facernos pasar unha agradable xornada.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Xogos Tradicionais Infantil

Letras Galegas 2019

Durante toda a semana vimos conmemorando as Letras Galegas, con diversas actividades. Os alumnos de 6º de Infantil e de 4º de Primaria achegáronse a un oficio tradicional, o dos oleiros.

  

Tamén recibimos a visita de Xandobela. Faláronnos de Antonio Fraguas, o homenaxeado deste ano, sobre os seus estudos, os traxes tradicionais...

 

Non nos esquecemos doutra celebración típica deste mes como son os Maios; así que, entre todos, elaboramos un gran Maio.

  

E hoxe, o broche final, coa II Romaría das Letras. Primeiramente, coplas arredor do Maio. Despois tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do Concurso das Letras Galegas organizado polo EDLG. Catro alumnos/as de 4º recitaron uns versos de Antonio Fraguas. Alumnado de música interpretou o himno galego ao violín, guitarra e piano, baixo as ordes de Begoña.

   

E coma en toda romaría, o baile non podía faltar. O alumnado de Botamos un Baile dende infantil ata Primaria bailou a danza das cintas que levaban ensaiando dende comezos de curso os xoves no recreo. Para a ocasión contamos coa axuda de Juan e Carlos, dous gaiteiros do grupo Lembranzas do Tambre.

   

 

Para clausurar o acto, cantariamos todos xuntos a"Rumbaliza", un canto á nosa lingua do grupo Tanto Nos Ten.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Letras Galegas 2019

Concurso Letras Galegas

Coma todos os anos por estas datas, organízase o Concurso das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas

Se queredes participar, debedes contestar unhas preguntas sobre a vida e obra do homenaxeado e metelas nas caixas habilitadas no corredor do cole. Entre os acertantes, escollerase un por nivel que recibirá un agasallo.

  

Visita de Héctor Cajaraville

Comezamos a Semana das Letras coa visita de Héctor Cajaraville ao alumnado de 6º de Primaria. Falounos do seu libro Kusuma, respondeu a todas as nosas preguntas e asinou os nosos exemplares.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Héctor Cajaraville

Semana das Cartas Emocionantes

Tristeza, alegría, amizade, soidade,...... complicado resulta poñer en palabras o que sentimos en tantos momentos do día. E o noso alumnado sábeo ben, por iso, este curso máis ca nunca, a semana das cartas emocionantes foi todo un ¡Éxito!

Feliz, abraida, satisfeita, afortunada....síntese Nica pola gran participación. Incluso ela recibiu unha carta que a encheu de ledicia.


Accede ó albúm e emociónate con nós.