Equipo DLG

Apadriñamentos Lectores

Dentro do plan de Animación á Lectura promovido dende a biblioteca do centro en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, incluímos entre as novidades deste curso a actividade de "Apadriñamentos Lectores".

A proposta consiste en que o alumnado de cursos superiores conte historias e contos seleccionados previamente por eles ó alumnado de Ed. Infantil ou de cursos inferiores de Ed. Primaria, contribuíndo ó desenvolvemento da capacidade lectora e da escoita activa, así como a mellorar as relacións interpersoais entre o alumnado do centro.


(acceso á galería premendo na imaxe)

A RAG concédenos un diploma!

No CEIP Plurilingüe de Sigüeiro estamos de noraboa. A Real Academia Galega (RAG) vén de concedernos un diploma en recoñecemento ao noso traballo durante o curso pasado arredor da vida e obra de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018.

Parabéns mestres/as e alumnos/as polo voso esforzo.

Coñecendo máis ao Apalpador

Este Nadal, o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto ao Apalpador. E tan de preto, que ata entraron na súa casa. 

 

Alí puidemos comprobar como era o seu día a día, as súas tarefas, os seus enredos...

 

 Chamáronnos a atención moitas cousas, como facía o carbón, como secaba as castañas...

E o máis importante, aprendemos moito sobre a nosa historia e cultura.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Apalpador

Menudos artistas!

O 20 de decembro, os nenos/as do noso cole disfrutaron das actuacións de teatro, contos e panxoliñas que tiñan preparadas os seus compañeiros de 4º, 5º e 6º.

       

Abriuse o telón coa representación teatral "Isto non é un conto" por parte do alumnado de 6º. Despois interpretarían a coñecida panxoliña "Vive le Vent" ou "Jingle Bells" nas dúas linguas estranxeiras que estudan este curso. 

  

A continuación, os compañeiros de 5ºB representaron "O misterio de Papá Noel" e relatáronnos o conto "Qué bonito é o Nadal!".

 

De seguido, un grupo de alumnas de 4º que acude os venres a Let's Sing A Song cantaron "We wish you a Merry Christmas"

 

O broche final puxérono os músicos do cole dirixidos pola profe Begoña con "Adestes Fideles".

Foi un gran día! Moi bo traballo rapazas e rapaces!

Contos de Nadal

Hoxe martes, os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Primaria amenizaron o recreo contando historias de nadal que eles mesmos crearon a todo aquel que se achegou á biblioteca. Ademais, houbo unha deliciosa sorpresa. Ummm!

  

  Perdíchelo? Pois mañá repetimos! Esperámoste de 12:30 a 13:00 na biblioteca.

1º e 2º visitamos o Melga

O venres 14 de decembro os nenos/as de 1º e 2º foron ao Museo Etnolúdico de Galicia, coñecido como Melga, que está en Ponteceso.

 

Ricardo, o dono do museo, explicounos moitas cousas sobre os xogos e deportes tradicionais de Galicia, España e o mundo, expostos na sala. Xogamos á silla da reina (agora sabemos colocar ben os brazos), á ra, ao varapau, ao tirafungueiro... Tocamos a trécola, máis coñecida como a carraca ou o tastarabán. Tamén nos ensinou o roncollo, que fai un ruído moi parecido ás rás.

   

O tempo pasou moi rápido pero pasámolo moi ben. Os nosos pais e avós non tiñan xoguetes coma nós, pero pasábano en grande con todos estes xogos. 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> 1º e 2º en Melga

Extra, extra! Hortocoliña xa está aquí...

Estamos de estrea. Nace a publicación escolar "Hortocoliña", unha revista informativa con todas as novas do colexio elaborada polo noso alumnado (redacción, fotografía, maquetación). Aínda que cun pouco de retraso, xa temos dispoñible o primeiro número, correspondente ao mes de outubro. E axiña sairán máis... Estade atentos/as!