Equipo DLG

Dedicatoria de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 pola súa obra Poemar o mar, participaba hoxe nos Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Dende alí, deixábanos un agasallo en forma de dedicatoria a todos os nenos e nenas do CEIP de Sigüeiro.

 Moitas grazas Antonio pola dedicatoria e, sobre todo, por escribir na nosa lingua unha poesía que gusta tanto aos nosos rapaces e aos non tan nenos.

Tentaremos seguir o teu consello e encher de poesía o mar dos nosos soños.

Recitando poemas na Casa de Manuel María

Unha representación de alumnos de 1ºA desprazáronse esta mañá a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei para participar na fase final da IV edición do concurso de recitado de poemas "Rosalía Sempre Viva". Recitaron "A Vaca", poema de Os Soños na Gaiola de Manuel María. 

CartasEmocionantes

"A alegría ía, ía,

cando ti rías.

A tristeza eza, eza,

cando chores con franqueza.

A rabia abia, abia,

cando a túa cara cambia.

O medo edo, edo,

se te encondes tralos dedos.

A calma alma, alma,

cando saltas e das palmas.

E o amor mor, mor,

se nos abrazamos nos."

"Un Monstro de Cores" (adaptación)

 

As emoción agardan por nós en cada recanto, e iso sábeo ben o noso alumnado.

E se non, mirade a cantidade de sentimentos e sensacións que decidiron compartir.

 

Accede ó álbum "Cartas Emocionantes" e emociónate con nós.

 Canto traballo vai ter Nica para repartilas todas!

 

 

AbrideAFiestra

 Para celebrar o Día de Rosalía xunto coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

pedimos que as familias enviasen fotos con poemas ou imaxes. Xa nos están a chegar as primeiras.

Preme na imaxe para velas todas ou visita a nosa galería.

Exposición interactiva "Manuel María, a palabra viva"

Hai uns días chegaba ao noso centro a exposición "Manuel María, a palabra viva" procedente da Casa Museo deste autor en Outeiro de Rei. Traía moita información do poeta e tamén moitas imaxes, pero nós queriamos máis. E como non somos de quedar quedos, decidimos que queriamos poñerlle voz e movemento. Puxémonos mans á obra e cada grupo preparou un poema seu que gravamos en video gracias a axuda do alumnado do 3º ciclo e as tablets do cole. Despois, utilizando "Blippar", unha aplicación de realidade aumentada, asociamos cada video a un panel da exposición; de xeito que ao mirar o panel coa tablet xurdía máxicamente o noso video recitando os poemas que máis nos gustan de Manuel María.

 

  

Na casa tamén podedes probar. Só tedes que descargar a aplicación e enfocar os paneis da exposición. Descubriredes un montón de cousas! Ver os paneis aquí.

Na web e tamén no perfil de twitter da Casa Museo de Manuel María, fixéronse eco da nosa iniciativa.

Mirade...

 

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Paneis Exposición Manuel María

Corredor Manuel María

Coincidindo coa celebración do 50 aniversario de "Os soños na gaiola", a Casa Museo Manuel María prestounos a exposición "Manuel María: Palabra Viva" que xa engalana os nosos corredores. Os paneis da exposición constan dunha pequena introdución, imaxes e textos do propio autor e teñen como obxectivo axudar a coñecer a personalidade e a obra literaria de Manuel María.

Nas próximas semanas moitas actividades xirarán arredor deste autor e da súa obra homenaxeada. 

 

Máis fotos na Galería de Imaxes.

Magosto 2017

Este martes 31 de outubro, celebramos o Samaín e o Magosto no noso cole. A xornada comezou coa lectura dos contos premiados no concurso de Samaín polas aulas. 

        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Mentres tanto, as nais e pais da ANPA xa estaban preparando o lume para asar as castañas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Ás 11:30, os nenos e nenas de Infantil foron os primeiros en degustar as saborosas castañas asadas. Máis tarde, pasarían por orde o resto de cursos. Entrementres, as cámaras da TVG gravaban e retransmitían dous directos do evento para o programa "A Revista". Podedes velos no seguinte enlace http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/a-revista nos minutos 20:10 e 1:10:50.

Ás 13:00, fíxose a entrega de premios aos autores dos debuxos e contos de Samaín. Tamén ás aulas que decoraron as súas portas da forma máis orixinal.

  

Ás 13:30 comezarían os xogos do Magosto nos tres patios: comecastañas, carreiras de sacos, relevos con culler, transporte de cabazas, paracaídas... Foi moi divertido!

  

 Máis fotos na galería de imaxes.

CONTOS E DEBUXOS PREMIADOS SAMAÍN 2017

E velaiqui os contos e debuxos premiados no Concurso de Samaín. Preme na imaxe para ver todos os premiados/as. Noraboa a todos/as!

No Magosto realizarase a entrega de premios.

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Gañadores/as Concurso Samaín

Portas de ultratumba

Velaiquí as portas das nosas aulas decoradas para o Samaín.

E as portas gañadoras foron... Infantil 3 anos A e Primaria 3º B! Parabéns! 

Todas as fotos en Galería de Imaxes