Equipo DLG

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s, como xa sabedes hoxe é o DÍA DO LIBRO, un día que sempre celebramos na escola co noso habitual concurso de marcapáxinas e a nosa lectura continuada dun libro na biblioteca. Este ano non vai poder ser, pero iso non quere dicir que non poidamos compartir lecturas.

Dende a biblioteca propoñémosvos que fagades un vídeo lendo un conto ou facendo unha recomendación dalgún que teñades na casa e que nolo mandedes á seguinte dirección: bibliotecasigueiro@gmail.com

Colgarémolos na conta de youtube do colexio para que tod@s poidamos disfrutar deles.

Tamén, se queredes, e aproveitando que hoxe loce o sol, podedes expoñer na túa xanela algún libro que che guste. Non haberá mellor maneira de alegrar as rúas que cos nosos libros.

Manda unha foto da túa xanela cos libros e seleccionaremos algunhas para colgala na páxina do colexio (bibliotecasigueiro@gmail.com).

ÁNIMO 

#EstamosConVós

LECTURAS EN TEMPOS DE LECER

Neste tempo de descanso non podiamos deixar de animarvos a ler.  Escoller un bo amigo que nos permita viaxar por lugares exóticos, vivir experiencias divertidas, atopar sentimentos agochados, botar unha boa gargallada...Todo é posible cun bo libro. Por iso, seleccionamos estes enlaces para que poidades escoller o que máis vos guste.

Abre unha páxina e déixate levar....

 KALANDRAKA TV: xa coñecedes as fantásticas historias coas que gozan os máis pequen@s.

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php 

GaliciaLe: na que poderás acceder a todas as bibliotecas púbicas galegas e acceder ao catálogo completo en galego e en castelán.

https://www.galiciale.gal/

 

Que vaia ben o descanso e saúde para tod@s.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O século XXI debe ser o século da igualdade da muller. Contribuamos a que o sexa.   António Guterres

No noso centro levamos a cabo varias actividades para lembrar e reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

Coma cada curso, a ANPA organizou unha actividade na que participou todo o alumnado que quixo, escribindo o nome das mulleres da súa familia nunha folla, que despois formou parte dalgunha das tan necesarias árbores para a nosa vida, en relación co noso proxecto de centro do actual curso "Os bosques".  

 

24 de febreiro, Día de Rosalía

DÍA DE ROSALÍA

A pesar de estarmos en Entroido,  o noso centro non se esqueceu de conmemorar o día de Rosalía de Castro. Por iso, o alumnado do 3º ciclo estivo preparando unha escolma de poemas de Rosalía, para lerllos á rapazada de Ceipp de Sigüeiro. Mirade como locen as nosas Rosalías!

 

Ademais, para manter viva a obra da nosa gran poeta, colocamos algúns dos poemas máis fermosos e recoñecidos de Rosalía, ao pé dos chanzos das escaleiras do noso colexio.

  

 

 

 

Estreamos conta de Instagram con Rosalía!

O equipo de Dinamización da Lingua Galega estrea perfil en Instagram. E que mellor maneira de facelo que homenaxeando á nosa autora máis querida, Rosalía de Castro; cuxa efeméride se conmemora o próximo luns 24 de febreiro. 

Gustaríanos encher as redes coa súa presenza, por iso animámosvos tanto a alumnos/as como a familias a publicar fotos relacionadas coa autora ou videos recitando algún dos seus poemas. Lembrade empregar o cancelo #EusigoaRosalía e etiquetar o noso perfil @edlg_ceipdesigueiro. E ti, segues a Rosalía?

SEGUIMOS ANTROIDANDO

Rematada a semana dos mandados, na que cumprimos fielmente co que o señor Antroido, este ano a señora Árbore, nos indicou; chegou o día grande!

     

 

E aló imos todos; caracois, paxaros, árbores, xoaniñas, píntegas, escornabois, raposos... Todo unha fraga do CEIP plurilingüe de Sigüeiro, a desfilar polo pobo e xuntarnos cos nosos compañeiros e compañeiras dos outros colexios do concello. 

   

      

De volta ao cole, a comer filloas, orellas...! E a xogar, que ben o pasamos!!!

 

GRAZAS a todos e todas os que nos axudaron para poder celebrar o antroido dunha maneira tan divertida: a papás e mamás que puxeron música en vivo coa gaita e pandeireta e que nos fixeron filloas alí mesmo no cole (todo un luxo), á ANPA que nos acompañou no desfile portándonos a pancarta, ao concello que nos brindou a súa axuda a través dos membros de protección civil... Sen a vosa axuda, todo iso non sería posible.

 

 

Ricardo Carballo Calero. Letras Galegas 2020

 Neste enlace podedes atopar información do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 (clicade na imaxe)

Mandados do Meco

17/02/2020 09:45
21/02/2020 14:00

 Rapaces e rapazas,

o Entroido vai comezar,

e aquí os mandados

que o Meco vai ordenar.

 

E ordenar, ordenou

coma todos estes anos

que estes mandados 

sexan encadeados!

Botamos un baile?

Este curso volvemos á carga con "Botamos un baile?" e xa estamos montando unha nova "danza das fitas" para as Letras Galegas. E ti, apúntaste?

 

QUE BEN O PASAMOS CON MAMÁ CABRA!

Chegou o día! Pola nosa biblioteca pasou Gloria e Tomi "Mamá Cabra". Interpretaron temas do seu libro CD "A fraga do meu avó", ademais dalgún outro, como o tan coñecido "Glu glu glu plas plas plas navegando polo mar", do que nos contou que naceu nunha aula de Infantil do noso cole. Divertímonos un montón e soubemos que as fragas están cheas de vida e de moitas curiosidades. Falounos do peto, da pega marza, da píntega, das augas dos ríos ou das fontes, das prantas que curan... E para rematar agasallámolas cunha árbore autóctona para que levasen á súa fraga, unha faia. Queremos que medre moito e que cando a miren lembren ao CEIP de Sigüeiro. GRAZAS por visitarnos!