Curso 2019-20

ENTROIDO 2020

DESFILE POLA PARROQUIA DE VINCIOS: 

As comparsas do desfile xiraron entorno á temática deste ano, o baile e a música:

- Educación Infantil: OVO - Cirque du Soleil

- 1º Ciclo: O Entroido dos Animais - Camille Saint-Saëns

- 2º Ciclo: Grease

- 3º Ciclo: O rei León

A continuación un resumo. Feliz Entroido. 

  

 

OS MANDADIÑOS MUSICAIS DO MECO:

Este ano o Meco saiunos mandón e moi musical. As ordes son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores.

LUNS:

 

MARTES:

 

MÉRCORES:

  

XOVES:

 

DÍA DA PAZ 2020

POLO DÍA DA PAZ, OBRADOIROS DA PAZ!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Todos os alumnos e alumnas, mesturados en grupos de diferentes idades, foron rotando polos obradoiros traballando e xogando sempre de forma cooperativa:

- Xogos Cooperativos co Paracaídas.

- Danzas do Mundo.

- Contos da Paz.

- Taller de Grafismos.

- Xogos na Aula Creativa.

- Matemáticas co tangram.

- Estudo de Fotografía.

E para rematar, todas e todos bailamos a danza preparada pola profe Elena, "Seve Jumps".

Aquí podedes ver o vídeo do DÍA DA PAZ.

  

Os gañadores/as das cestas de Nadal

NORABOA POLAS CESTAS!!!

BO NADAL!!

 

 

FESTIVAL NADAL 2019

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2019 foi para o alumno de 6ºEP, MARTÍN ARES NOVAS.

Noraboa Martín, por agasallarnos con esta fermosa postal!!!

BO NADAL!!!

       

 

VÍDEO DAS PANXOLIÑAS:

 

 

FOTOS DO FESTIVAL: 

Cesta de Nadal

Este ano o alumnado de 5º e 6º tamén vai vender rifas para financiar a excursión de fin de curso. Sortearanse dúas cestas, os gañadores/as serán aquelas dúas persoas que teñan as dúas rifas que coincidan cos tres últimos números do gordo de Nadal do 22 de decembro.

 O contido das cestas é o seguinte:

  • Xamón serrano “Torre de Núñez” Duroc 14 meses TN 7 kg aprox.
  • Chorizo Imperial 50% Duroc TN 450 g.
  • Salchichón Imperial 50 % Duroc TN  450g.
  • Queso “El Pastor” mezcla semi 550g
  • Torta turrón “25”  200g.
  • Turrón “25” extra Jijona 200g.
  • Turrón “Suchard” chocolate cruj. 260g. Clásico
  • Surtido “La Estepeña” 400g.
  • Almendras rellenas 25
  • Marquesas Delaviuda 250g.
  • Mazapán “Delaviuda” 200g.
  • Bombones “Ferrero Rocher” 16 u.
  • Sidra “El gaitero” extra
  • Cava “Delapierre” etiqueta negra
  • Viño blanco godello “Pazo de Monterrey”
  • Viño Rioja “Siglo” Saco Crianza
  • Melocotón almíbar “Alcurnia” 480g.
  • Piña “de Monte” 510g.
  • Espárragos “Lodosa” 250g.

MAGOSTO 2019

Este ano o tempo non acompañou e foi imposible subir ao Monte Galiñeiro para festexar esta festa popular, pero aínda así, pasamos unha sesión de convivencia no centro moi boa compartindo espazos, xogos e ricas castañas.

 

Xogos Populares 2019

A pasada semana tivemos unhas xornadas de xogos populares onde pequenos e maiores descubriron xogos como: o caracol, a mariola, as buxainas, castelos de carozo, o xogo das sete e media...Moitos deles xogos dos nosos avós, e que agora  poden divertirse ao longo do curso nos recreos con eles.
Estas xornadas serviron para coñecer as regras e os materiais que empregamos e convivir con nenos doutros grupos.
Para poder velo vídeo clicade no seguinte Link.
 



 

SAMAÍN 2019

O 30 de outubro celebramos outro ano máis o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e unha CABAZA.

A novidade foi o túnel do terror que percorremos nenas, nenos, profes, nais e pais, pero dende logo con moito medo!!!

Por estas datas sempre disfrutamos dun día terrorífico!!!

 

Aí vos deixamos un pequeno exemplo do ben que o pasamos.

  

 

 

Distribuir contido