Curso 2013-14

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 30-01-2014

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, e de que xeito!!!

O obxectivo foi realizar un "Circuíto Solidario de Habilidades" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e que a Concellaría de Benestar Social os achegase ás persoas máis desfavorecidas do Concello de Gondomar.

Logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Todos Xuntos", e que a disfrutamos moitísimo.

E durante a semana, participamos nun concurso ideado pola biblioteca da profe Irene, gravando mensaxes de paz para que tanto alumnado, profes e persoal non docente dixeran con liberdade o que para eles significaba a palabra paz. IMPRESIONANTE E MARABILLOSO VÍDEO!!!

PARABÉNS A TODOS E TODAS POR APORTAR SEMPRE COUSAS POSITIVAS!!!

A mostra de todo isto, a continuación:

Alimentos aportados polas familias do colexio foron recollidos polos operarios municipais coa axuda dos alumnos/as e profesores/as. Entre todas/as fixemos unha boa acción que seguro que axudará aos máis necesitados.  

PRECIOSO VÍDEO "FALANDO DA PAZ":

VÍDEO CANCIÓN "TODOS XUNTOS":

VÍDEO "GYMKANA SOLIDARIA":

Charla sobre a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos

O martes 28 de xaneiro o Sarxento 1º J. R. López, Xefe do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo, impartiu unha charla sobre a convivencia e a mellora da seguridade nas escolas. Esta charla foi dirixida ao alumnado de 3º ciclo e, pola tarde, aos pais, nais, mestres/as ou outros membros da comunidade educativa. Asistiron unhas corenta persoas, entre pais, nais e mestres/as que estaban interesados nos temas que se trataron: riscos do uso de Internet, novas tecnoloxías e redes sociais, acoso escolar, consumo de drogas e alcol, maltrato e agresividade e bandas xuvenís.Os nosos agradecementos ao Sarxento 1º e a todos/as os asistentes á charla.

 

 

 

CIRCUITO SOLIDARIO PARA O DÍA DA PAZ 2014

O xoves 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. Xa empezamos a ensaiar o circuíto de habilidades que realizaremos alumnos e profes ese día. O obxectivo será recadar alimentos para repartir polo Concello de Gondomar para aquelas familias máis necesitadas. Hai que intentar finalizalo!!!

POSTAL DE NADAL 2013

A postal gañadora do Nadal 2013 foi a de NAÍR de 3º de primaria.

PARABÉNS!!!

 

VISITA DE PAPA NOEL AO COLEXIO

Foi o día 20 de decembro e todos os alumnos/as recibiron un agasallo.

 

PANXOLIÑAS 2013

A continuación as PANXOLIÑAS do FESTIVAL DE NADAL 2013

Distribuir contido