CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2022"

Estimadas familias, queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 27 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal e/ou comedor (horario ampliado de 8:00h a 16:00h). A inscrición poderá ser por semana, quincena ou mes completo. Os socios/as da ANPA terán prezo especial de socios/as. No seguinte enlace podedes descargar as inscricións e deixalas no buzón da ANPA ou ben entregalas directamente na Asociación Veciñal.

Tamén podedes consultar clicando aquí o programa de actividades a desenvolver.

Saúdos

A ANPA

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude Inscrición Campamento Vincios 2022.pdf106.5 KB
Cartel Campamento Vincios 2022.pdf336.34 KB
Programa Campamento Vincios 2022.pdf187.75 KB