ENTROIDO 2022

FESTIVAL ENTROIDO: 

Noutro ano marcado pola Covid, non puidemos celebrar o Entroido pola parroquia como nos gustaría. Aínda así, o venres 25 de febreiro desfilaron as comparsas dos diferentes cursos arredor da pista de baloncesto do colexio e o alumnado disfrutou moito moito!!! 

Podedes ver aquí un resumo das fotos e dos vídeos da festa. 

Feliz Entroido!!! 

  

 

OS MANDADIÑOS DO MECO: 

Comezamos a semana do Entroido coas ordes do Meco. Acordádevos que son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores:

4.- "O XOVES para o noso divertimento, trae o pixama ou a bata coa que pasaches o confinamento"

3.- "No MÉRCORES a gargalladas estaremos se as nosas máscaras decoradas traemos"

 2.- "O MARTES polos PÉS o virus pode entrar, se traes un zapato de cada cor, o poderás evitar":

 1.- "O LUNS a túa CABEZA terás que adornar para o virus espantar":