O CONTROL DE ESFÍNTERES

PAUTAS PARA AXUDAR A QUITAR O CUEIRO

A entrada á escola supón certa esixencia de madurez no neno. Neste momento debe ter o control de esfínteres acadado, pero non sempre ocorre. A continuación proporcionamos algunhas pautas para axudar neste proceso.

 

 

CANDO COMEZAR CO CONTROL DE ESFÍNTERES?

O ensino do control da vexiga e do intestino é recomendable comezalo ó redor do ano e medio de vida ou dous anos, en función da madurez do neno, con paciencia e facendo diso unha experiencia agradable.

 

COMO SABER SE O MEU FILLO ESTÁ O SUFICIENTEMENTE MADURO?

Para comezar con este proceso de aprendizaxe deben darse unha serie de prerrequisitos:

 

  • O neno debe saber algunhas palabras relacionadas co uso do retrete (pis, caca, orinal...), aínda que as diga á súa maneira. Debe saber diferencialas e comprendelas.

  • Debe coñecer as partes e funcións do corpo relacionadas co pis e caca, por onde saen... Por exemplo, empregando a hora do baño, vendo cómo os seus pais empregan o servizo, sobre todo ó do seu mesmo sexo.

  • Debe saber ir por si mesmo ó baño e ser capaz de baixar a roupa, sentarse na taza e/ou no orinal, e non debe ter medo ao burato do retrete nin ao ruído da cisterna, etc.

  • Debe distinguir entre estar mollado e estar seco. Cando o neno se da conta de que está mollado pode asocialo coas sensacións de facer pis, e dese xeito pode chegar a anticipar as gañas de orinar. Para axudarlle a diferenciar seco/mollado podemos preguntarlle a miúdo se vai mollado, tocándolle os cueiros e facendo que o comprobe por si mesmo.

  • Debe diferenciar tamén entre ir limpo e ir sucio. Cando observemos que o neno/a se vai a un rincón ou fai xestos de estar facendo caca nos cueiros, hai que decirlle o que está acontecendo. Tamén preguntarlle se vai limpo ou sucio, que o comprobe, etc.

  • Debe dar sinais de certa madurez e control da vexiga e do intestino. Por exemplo, o neno/a xa non se fai caca máis dunha vez ao día, ou permanece varias horas seco, ou se desperta con frecuencia seco despois da sesta.

    Se estes prerrequisitos non se dan, é mellor centrarse en que os aprenda antes de comezar o adestramento.

 

 

MÉTODOS PARA ENSINAR O CONTROL DE ESFÍNTERES:

1- Método “olímpico”: os pais teñen que correrpara chegar a tempo a sentar ao seu fillo no orinal unha vez que notan algunha sinal de que inicia a evacuación. É dicir, habería que aproveitar que o neno/a inicia a defecación para intentar que a faga ou a remate no orinal.

     2- O método da “galiña choca”: cando fai a caca enriba, depositala no orinal e poñer ó neno enriba deste asociandoo movemento do intestino co orinal.

3- O método de “Job”: sentar ó neno no orinal uns cinco minutos varias veces ó día (por exemplo, despois de cada comida), e agardar que algunha desas veces coincida coa evacuación. Este método para funcionar necesita convertir en divertido o sentarse no orinal, para o que se recomenda non forzar, senón animar ó neno a sentarse no orinal contándolle algún conto, canción,...

 

Tamén se recomenda animar ó neno con que algún familiar se vai poñer moi contento se fai caca dentro, etc. E o requisito máis importante do método: montar unha festa de alegría, bicos, chamadas ao cónxuge, etc., as primeiras veces que teña éxito, de maneira que a asociación movemento intestinal/orinal se afiance.

 

 ALGUNHAS PAUTAS XERAIS PARA DEIXAR O CUEIRO

1- Prepárate: merca un orinal ou adaptador para o inodoro. Que sexa cómodo, pode elixilo el mesmo para que lle guste máis.

2- Prepara unha rutina: sentalo no orinal á hora que soe facelo. Se non é regular, crea unha nova rutina poñéndoo sempre á mesma hora, por exemplo despois de almorzar ou da sesta.

3- Fai unha clase demostrativa: gústalles imitar, así que demóstralle cómo se fai.

4- Despídete do cueiro: explicarlle que xa non lle fai falla, que comprobe cómo outros nenos familiares non o teñen. Podemos facerlle unha festa de despedida, que o tire á basura...

5- Dalle o tempo necesario: non se debe obrigar a que permaneza sentado no orinal, débese animar para que queira facelo, dándolle o tempo necesario para que relaxe o intestino, acompañándoo, contándolle un conto...

6- Acepta os accidentes sen enfadarte: pensa que está aprendendo e precisa tempo. Lémbralle cómo se fai, axúdalle, e vísteo con roupa cómoda que lle sexa doada de quitar para reducir “accidentes”.

 7- Refórzao positivamente: dille o ben que o fai cada vez que empregue o orinal.