RECOMENDACIÓNS PARA MERCAR XOGUETES NO NADAL:

RECOMENDACIÓNS PARA MERCAR XOGUETES:

Un dos principais gastos que realizamos en Nadal é o adicado ós xoguetes dos máis pequenos. Pero... como elixir os xoguetes? En primeiro lugar, deben ser seguros eadaptados á idade dos nenos (debemos estudar as advertencias e a idade recomendada polo fabricante). Seleccionar xoguetes que contribúan a desenvolvertodas as súas capacidades (xogos de mesa, libros, xogos de deportes, manualidades, instrumentos musicais, xogos de construcións...). Evitar, dentro do posible, mercar videoxogos. De facelo, que non sexan de carácter violento, sexista ou discriminatorio. Débese limitar o tempo de xogo e controlar o seu uso.

Por outra parte, non convén saturar ó neno con demasiados xoguetes (pódeselle regalar tamén roupa, libros e contos, material escolar...). É recomendable dosificar a súaentrega, por exemplo aproveitando as diferentes festividades (Noiteboa, Noite de Reis...) para darllos.

Lembra que o importante é fomentar nos nenos valores non consumistas e non sexistas. Os nenos son felices con moito menos do que pensamos. Agasallémolos este Nadal coa nosa atención e cariño.