SAMAÍN 2014: O DÍA DAS CABAZAS E DAS CESTAS DE OUTONO

MENUDO SAMAÍN!!!

O 30 de outubro celebramos no cole o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono. Seguro que foi o día do curso no que pasamos máis medo!!! Cada alumno/a trouxo ao cole unha CESTA e unha CABAZA SUPERTERRORÍFICA, UHHHHHHHHHHH!!!

 

Reportaxe do periodista do xornal “La Voz de Galicia” que visitou o colexio,  clica na imaxen para poder lela.  

  • Primeiro, visitamos o escenario da sala de usos múltiples transformado na habitación da nena de “Monstruos S.A.”, onde colocamos todas as cabazas e intentamos localizar obxectos escondidos entre elas. Todo isto, coas luces acendidas.
  • Os alumnos/as de 6º meteron moito medo no corpo a todo o cole, xa que viñeron disfrazados, agás aos máis pequeniños.
  • Despois, acudimos outra vez, pero coas luces apagadas para observar as cabazas no seu estado máis TERRORÍFICO....

Grazas tamén ás familias pola súa colaboración. 

Neste vídeo, todas as fotos das cabazas:

 

Neste outro, retratos do samaín e as cestas de outono:

E xa por último, o xogo de atopar obxectos entre as cabazas e os sustos de Xoel de 6º:

AdxuntoTamaño
2014-10-31 SAMAIN-VOZ DE GALICIA.pdf9.31 MB