ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL 

DO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR NAIS e PAIS (2022 – 2026)

 

No mes de NOVEMBRO convócanse ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR. Consiste nunha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, órgano colexiado de control e xestión do Centro, con representación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (pais/ nais, profesorado, Concello e ANPA). Coa finalidade  de animarvos a participar no proceso electoral, informámosvos deste proceso que afecta ao sector de nais/pais. A organización e supervisión electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL, presidida polo director e integrada por un pai/nai, un mestre/a, e un persoal non docente:

- Presidente: Miguel González Barreira (director) 

- Vogal 1: María José Salgado González (mestra)    

- Vogal 2: Mª Teresa Rois Jordedo (nai)

- Vogal 3: Pablo González Martínez (Persoal non docente)

 

A QUEN SE ELIXE?: 3 pais/nais que vos representarán no Consello Escolar. O Consello Escolar deste Centro está integrado por 5 pais/nais, sendo un deles representante da ANPA. Agora elíxense 3 membros pois se trata dunha elección parcial mediante votación das familias. As candidaturas elixidas serán nomeadas por un período de catro anos.

 

QUEN PODE SER CANDIDATO/A?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 11 de novembro e remata o 18 de novembro ás 10:00h. Os interesados/as deberán cubrir e asinar este IMPRESO DE CANDIDATURA e presentalo na secretaría do Centro. Tamén se pode enviar mediante correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal. A proclamación das candidaturas realizarase o día 21 de novembro nesta web. As diferentes candidaturas poderán enviar un enlace dun pequeno vídeo ou algún texto explicativo do seu programa por correo electrónico, que publicaremos na web.

 

QUEN PODE VOTAR?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que se exporá o día 10 de novembro na web. Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente. O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.).

 

PARA QUE SERVE?: o Consello Escolar é o órgano colexiado de control e xestión do centro que terá entre outras as seguintes competencias: participar na selección do director/a, aprobar e avaliar os proxectos e as normas (Proxecto Educativo de Centro - PEC, Normas de Organización e Funcionamento - NOF, Programación Xeral Anual - PXA), coñecer a resolución de conflitos disciplinarios, promover a conservación e renovación das instalacións, analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, etc.

 

CANDO SE VOTA?: A votación terá lugar no Colexio (NO PORCHE EXTERIOR DA ENTRADA PRINCIPAL) o martes día 29 de novembro, de 9:00h a 09:30h, de 13:30 a 14:15h, de 15:30h a 16:15h e de 17:30h a 18:30h.

 

Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán os novos membros do Consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos aos pais/nais do centro a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando con liberdade a quen mellor lles pareza.

CENSO DE RESPONSABLES

A xunta electoral fai público o censo de responsables do alumnado para poder votar nas eleccións ao Consello Escolar:

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS

A xunta electoral fai público o seguinte listado de nais e pais que presentan a súa candidatura para as eleccións ao Consello Escolar:

  

 RESULTADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Os resultados do escrutinio do sector pais/nais e a nova composición do Consello Escolar podedes consultalos clicando na imaxe:

 

AdxuntoTamaño
MODELO CANDIDATURA C.E. NAIS-PAIS.pdf160.62 KB
WEB_Censo Pais.pdf154.88 KB
Candidaturas_Nais Pais.pdf72.23 KB
Anexo I_Nais-Pais.pdf447.46 KB