O SAMAIN

bruxa voando en movemento

Chega o Outono e con el e as súas cores, a nosa festa do Día das Cabazas. Preparados para comezar a tallalas?

cabaza con gato

Pero…de onde ven esta tradición?

O Samain é unha festa de orixe celta, na que se celebra o final da época de colleitas, e que é considerada o inicio do Ano Novo Celta. É unha festa de paso dun ano a outro e de apertura ao outro mundo, xa que os celtas consideraban que durante o Samain os espíritus dos mortos tiñan permiso para camiñar entre os vivos, dándolle a xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados nos seus antigos fogares. Para mantelos contentos, a xente deixaba comida fóra. Entre os antigos celtas, esta última noite do ano era o momento propicio para examinar os presaxios do futuro. bruxa voando en movemento

Celebrouse desde fai máis de 3000 anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa. Despois da conquista dos romanos,veuse influenciada polos seus festivais á deusa da colleita, Pomona. Máis tarde, o Samain converteuse no día de Todos os Santos, de onde deriva o nome inglés Halloween.

Os celtas, antigos habitantes de Galicia, tiñan como costume poñer unha luz dentro das caveiras dos seus inimigos mortos. Hoxe en día persiste a tradición de tallar as cabazas e poñer no seu interior candeas.

bruxa con pota