lazo azul

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Felicitamos aos que cumplen en outubro, ISAAC, JOSÉ ANTONIO e VERÓNICA. 

Unha maleta chea co noso  agarimo!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como xa sabedes co motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares ( 24 de outubro) participamos no concurso a nivel de centro, de caixas literarias. Un concurso que  consiste en  elaborar unha caixiña por curso, con pistas sobre un conto en galego que teremos que adiviñar. O  conto deste ano  foi " O peixe arcodavella". Picamos escamas, pintamos cada un o noso peixe, decoramos a caixa e mesmo nos atrevemos a dramatizalo. Unha iniciativa que deu moito xogo.

OLLADE COMO NOS QUEDOU!

Aproveito para comentarvos que este venres xa saíron as mochilas viaxeiras cargadas con novos contos. Xa sabedes saen dúas mochilas cada venres e voltan  o xoves. 

CONTACONTOS SAMAÍN

        

 

MOITAS GRAZAS!

ACHÉGASE O SAMÁIN

Samaín é unha celebración moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.

É unha festa que nos gusta moito, polo que estamos adicándolle estes días a maior parte do noso tempo:

  • Traballamos na aula o conto de Corre, corre cabaciña acompañándoo  de actividades LIM.
  • Facemos mandalas de outono.
  • Ambientamos os corredores partindo do conto “EL CIRCULO DE MIRÓ QUIERE SER ESQUELETO”. Con este conto coñecemos a Joan Miró e as súas obras “Amencer” e “A bailarina” ao mesmo tempo que traballamos as partes do corpo e sobre todo as emocións.
  • Escoitamos contacontos de medo a cargo das familias.
  • Participamos no mural do cole ( co título SAMAÍN POLO MUNDO), cun barrilete que fixemos xunto cos laciños vermellos. Mentres en Galicia decoramos cabazas, noutros países seguen outras tradicións, como en Guatemala, que fan voar uns enormes e coloridos barriletes. 

Nós quixemos que fose un barrilete moi terrorífico e cos elementos característicos do noso Samaín e….que bonito nos quedou!

Non vos esquezades que  para a semana é …..A GRAN FESTA DAS CABAZAS!!!

 

DIA INTERNACIONAL DO PUNTO

 Venres día 15 de setembro , celebramos o día Internacional do punto.

Retomamos o conto do curso pasado “ el punto” de Peter H. Reynolds e  xunto co de “ Casi “do mesmo autor desenvolvemos unha serie de actividades.

Primeiro falamos do que nos custa facer algunas cousas e de  como nos sentimos cando algo non nos sae ben. Falamos da importancia do esforzo e a constancia .

 

Para demostrarlles que confiábamos neles  e en todo o que levan dentro. démoslles un gran punto para que pintasen e decorasen libremente.

Coa axuda dunha tablet e coa app quiver poidémolo ver en realidade aumentada, pura maxia!.

Por último, como ocorre no conto, enmarcamos as nosas obras de arte.

 

BENVIDOS !

Benvidos ao novo curso escolar que afrontamos con moita ilusión!

Xa nos coñecemos polo que este curso todo é moito mais doado. Aínda así,  aproveitamos estes primeiros días para facer un recoñecemento de espazos, material e recunchos polos que teremos que desenvolver as nosas rutinas diarias,  o cal nos vai aportar seguridade e confianza .

Aproveitamos tamén para establecer  novos equipos de traballo que seguramente manteñamos ao longo do trimestre.

E unha sorpresa!...coñemos un ser moi estraño e especial, unha criatura silenciosa. Ven do planeta Cala.criller e posúe un oído tan increíblemente bo, que un simple ruído xa lle fai dano.

Gustounos moito, tanto, que non foi  difícil manter o silencio na clase…. todo con tal de telo contento!. Acompañounos toda a semana e estamos seguros que hai mais criaturas agachadas  polo cole….Atoparémolas ?

Irémosvos contando!

 

GRAZAS FAMILIAS, GRAZAS LACIÑOS AZUIS!

A continuación déixovos unhas fotos moi simpáticas. Algo que traballamos moito ao longo do curso, as súas iniciais e o dibuxo da figura humana.

Tiven un percance e  algunha foto borróuseme, polo que si vedes que algún neno ou nena non está, podedes mandarma ao correo  e eu engadireina.

Chega o verán e toca descansar. Darvos as  grazas por todo. Desexarvos que  disfrutedes moito e ...vémonos en setembro! 

 

REMATE CURSO

Rematamos o curso, e que mellor maneira de facelo que bailando, pintando ou xogando todos xuntos! Participamos tamén co resto  do cole nunha serie de xogos organizados.

Pasámolo xenial ! 

Powered by Drupal - Design by artinet