lazo azul

PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS (IV)

Continuamos con actividades que nos permiten profundizar no coñecemento dos órganos internos .

 

Recibimos a visita dos pais de Lucía  (laciño vermello) que nos contaron un conto en inglés relacionado co proxecto, como o corpo nos avisa da fame, do frío, sentidos….

Tamén nos visitou a mamá de Andrés de laciño vermello que é médico. Explicounos un pouco en que consistía o seu labor, a importancia de cuidar a nosa saúde e ensinounos un montón de material médico, fonendoscopio, martillo, desinfectante…Unha experiencia súper interesante!

Grazas a ambas familias por vir!!

 

 

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

A piques de rematar o ano, celebramos os aniversarios de novembro. Xa só faltan dous por cumplir 4!!

Parabéns Ezequiel e Candela!! 

PROXECTO O CORPO (III) TALLER DOS SENTIDOS E DÍA DA DISCAPACIDADE

Realizamos un taller dos sentidos xunto cos laciños vermellos.

Coñecemos os sentidos e os seus órganos, a partir  do conto “O país dos sentidos”. Logo realizamos outras actividades relacionadas con cada un dos sentidos como adiviñar a procedencia de distintos  sons , probar cousas de distintos sabores ( doce, amargo, salgado…) adiviñar cos ollos pechados de que obxecto se trata  e por último recoñecer cousas de distintas texturas.

Aproveitando que se achegaba o día 3 de decembro “día da discapacidade” quixemos concienciar ao noso alumnado sobre as limitacions sensorias ou motóricas. Na sesión de música, a mestra Sonia ensinounos a linguaxe de signos e na sesión de psicomotricidade, realizamos percorridos con antifacers e cadeira de rodas. Serviunos para reflexionar  sobre a importancia de respetar, valorar e integrar ás persoas con distintas discapacidades e recoñecer o  mérito que teñen ao romper barreiras.

 

PROXECTO O NOSO CORPO DA CABEZA AOS PÉS (II)

Seguimos avanzando no proxecto “ O NOSO CORPO ”. Ao largo destas semanas incidimos:

NO CORPO POR FÓRA:

Cal é a diferencia entre nenos e nenas (vulva, pene).

Partes:  cabeza, tronco e extremidades ( silueta en papel contínuo, canción o corpo do grupo Migallas).

  

Observamos e rexistramos a través de gráficas a altura, peso, cor de ollos, cor de pelo e número de calzado. Isto permetiunos traballar de forma divertida os números e a interpretación de gráficas (barras verticais, horizontais, porcións…) 

  

Recoñecemos unidades de medida e de peso (metro, kilo). Experimentamos coas medidas.

NO CORPO POR DENTRO:

ESQUELETO.  Formado por ósos  que nos permiten movernos, sosternos de pé. Coñecemos o nome dalgúns ósos, uns son mais largos que otros, articulacións…todo a través do esqueleto HUESITOS, radiografías, vídeos e libros de consulta.

MÚSCULOS. Sabemos que se estiran e se encollen e  asociámolo ao mundo  do deporte, abdominalES, bíceps…Axúdannos a movernos e producen calor. Averiguamos que o corazón tamén é un musculo e que traballa día e noite.

ÓRGANOS INTERNOS

 

Recoñecemos o  cerebro, corazón, fígado, pulmóns e riñóns a  través de novas aportacións…

 

 Descubrimos como se chaman os tubiños que levan sangue por dentro.

 

Aprendemos que hai dous  pulmóns, que nos permiten respirar e observamos como se inflan e desinflan.

 

Incidimos na importancia dunha alimentación sana e equilibrada .. Clasificamos alimentos sans e perxudiciais para a nosa saúde, repasamos as merendas …

 

Coñecemos un número de emerxencia para poder chamar en caso de que nos atopemos mal ou estemos en perigo.

 

25 N "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Conmemoramos este día co  conto titulado “MARUXA” de Eva Mejuto.

Maruxa e Pepiño vivían na aldea,

Maruxa cosía, varría e labraba

Pepiño cantaba, folgaba e durmía…

Mais un día….

Maruxa,muller astuta, logra que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue así que cambie de actitude.

A partir de aí decidimos facer un mural baixo o lema “TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA”. Seis casas, unha de cada clase de infantil, e todas  coas fotos que nos mandastes. Velaquí tedes o resultado!

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

 

 

CELEBRANDO O MAGOSTO

 Co motivo da celebración  do MAGOSTO aproveitamos  para realizar unha serie de actividades:

  • Nomear e diferenciar entre froitos secos e carnosos.
  • Realizar mandalas con froitos e follas do outono.
  • Xogar ao tres en raia.
  • Saír ao campo a disfrutar e observar setas, follas de distintas cores, árbores, animaliños…
  • Dibuxar  (nos seus dibuxos estivo moi presente a choiva, tan característica de este outono).
  • Facer manualidades (broche e brazalete).
  • E como non!...disfrutar  moito da festa do magosto, comendo e bailando ao ritmo de alumnado de Donaire… 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

 

YESSICA

Dámoslle a benvida a Yessica que xa dende o xoves está con nós impartindo música e psicomotricidade.

DESPEDIDA DE BEGOÑA

Despedimos a Begoña, mestra de apoio e música  Os laciños azuis dámosche as grazas por coidarnos tanto, axudarnos e ensinarnos a disfrutar da música.

Desexámosche moita sorte nesta nova andadura e que como ben dicías ti, poidas descansar moito, merécelo.

Botarémoste   de  menos!! MOITOS BICOS.

 

CONTACONTOS DO SAMAÍN II

Moitísimas grazas pola vosa participación na actividade dos contacontos do Samaín.

 

 

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

Por fin chegou o día da gran FESTA DAS CABAZAS....cada día son máis impresionantes. 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet