lazo azul

PREPARANDO O ENTROIDO, PROXECTO OS POLOS

Ao longo desta semana poidemos profundizar un pouco mais no noso proxecto. Valéndonos de información que buscamos en internet ou en  libros , conseguimos facer unha clasificación de animais marinos e terrestres que viven nos Polos, así como algunhas das súas características. Despois aproveitando  que se achegaba o Entroido fixemos un taller de elaboración de coroas de animais marinos e de caretas de animais terrestres. Resultou unha actividade moi interesante porque nos permitiu identificar e clasificar moito mellor os animais ao velos desta maneira representados.

Tamén realizamos unhas manualidades para poñer no decorado das nosas aulas e…canto aprendemos sobre todo dos pingüíns!!

 Esquecía comentarvos que temos un iglú na aula para xogar no recuncho do xogo simbólico. Xa sabemos que os inuit normalmente viven en cabañas con certas comodidades pero cando van de caza constrúen iglús no inverno e tendas no verán. Seguirémosvos contando….

PROXECTO VIAXAMOS AOS POLOS

Ao longo destas semanas estivemos recibindo aportacións para o noso proxecto: libros, murais, traballiños e manualidades... polo que xa  temos unha boa biblioteca de libros de consulta e  historias,  así como  un recanto repleto de recursos. Moitas grazas familias!

Agora estamos profundizando na vida dos inuit, como viven?como se alimentan? como cazan ou en que se desplazan?...Tamén comezamos coa ambientación das aulas para o entroido...non paramos!

Por último dámoslle  as grazas á mamá de Olivia que nos veu contar o conto chamado CON TANGO SON TRES. Precioso, grazas Ana!

 

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Celebrando os aniversarios dos mais maiores da clase: Saúl. Martín e Rafa. PARABÉNS!!!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Ademais de cantar conxuntamente  todo o colexio a canción de Happenig “Alto al fuego”,ao  longo destes días fixemos outras actividades para conmemorar o día da Paz. Nesta ocasión escollemos un conto que nos chegou ao corazón “EL IGLÜ” escrito por Zuriñe Aguirre. Unha historia que nos invita a ser mais solidarios con aqueles que están aí pero que para moitos resultan invisibles.

Grazas a todas as familias polas aportacións de alimentos para a cociña económica. Grazas por axudarnos a ser SOLIDARIOS E SOLIDARIAS.

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O tema central desta vez foron OS LIBROS DE IMÁXENES e o papel importante que xogan a atención e a observación na  súa interpretación.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

 Esta semana tivemos a oportunidade de visitar o Museo de Belas Artes. Vimos unha serie de cadros relacionados coa AUGA, fío conductor da actividade, a auga como fonte de vida.

Toda unha marabillosa experiencia na que coñecemos o son  da chuvia, a cor do mar ( diferentes tonalidades) , animais de auga doce ou salgada, cancións, poemas e historias relacionadas coa auga. E non só nos limitamos a observar e escoitar senón que poidemos disfrutar escenificando algunas escenas,  como a de lavar a roupa no río.

Que ben o pasamos!

COMEZAMOS TRIMESTRE

Comezamos con algunhas novidades:

- Os Reis Magos e Papa Noel, deixaron un agasallo na "aula maker" fomos a descubrilo e encantounos. É un robot, chámase Super Doc. e cremos que hai varios coma él.

 

- Na inaguración da Exposición dos traballos do Certame de Fotografía e Debuxo que se levou a cabo para conmemorar o 25N, a Concelleira de Benestar Social  entregounos un agasallo por participar. 

 

- Esta semana apareceron varias pegadas na clase, non sabemos moi ben de que animaliños se tratan pero cremos que necesitan axuda.

 

FESTIVAL DE NADAL

Chegou o tan ansiado día, e celebramos o festival de Nadal. 

Moitas grazas pola vosa colaboración e desexarvos que pasedes... un BO NADAL.

 

 

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Rematamos o ano celebrando os aniversarios das mais pequeniñas OLIVIA E SAHILY.

 PARABÉNS!! 

SAÍDA: SEDE AFUNDACIÓN

 Esta semana tivemos a nosa primeira saída deste curso, fomos á exposición de fotografías “Acariñando a ferida da vida salvaxe” na sede AFUNDACIÓN. Alí contáronnos que algúna animais están en perigo de extinción como a tartaruga “Cura cura”. Dixéronnos que podiamos axudalos coidando o planeta, reciclando, evitando as guerras ou protexendo aos animais e os sitios onde viven.

Despois fixemos un Obradoiro onde pintamos un AXOLOTE (un dos animais que pode desaparecer) e puxémoslle un botón máxico. A continuación co programa informático SCRATCH conseguimos que a corrente eléctrica pasara duns a outros e o axolete fixese glu, glu….

 

Powered by Drupal - Design by artinet