lazo azul

1ª MISIÓN: COIDAMOS O PLANETA

A nosa 1ª misión é COIDAR O PLANETA, despois de buscar información dámonos conta que hai moito lixo. Que podemos facer con el? ....  e a resposta tróuxonola o Capitán Verdemán, un heroe da reciclaxe, con el aprendemos a regra das 3 R: reducir, reutilizar e por último reciclar.

Preparamos as etiquetas para as papeleiras da clase e fixemos un experimento de “plantar algunhas cousas do lixo”(  monda de plátano, anaco de mazá, papel de aluminio, plástico, servilleta), imos observar o que pasa.

GARDIÁNS DO PLANETA

Comezamos unha nova aventura somos “Os gardiáns do Planeta” e ao longo deste trimestre teremos que levar a cabo varias misións para axudar á Terra. Coñecimos o Capitán Verdemán, un heroe da reciclaxe,  e con el levaremos a cabo a nosa primeira misión.

Comezamos...

SAÍDA: HISTORIAS DE MARÍA PITA

 Este xoves fomos coa  profe Celia a Praza de María Pita, un espazo histórico-cultural no que puidemos vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita.

PASÁMOLO MOI BEN!!

REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

Hoxe chegounos a clase unha mensaxe duns animaliños que coñecemos moi ben...

 

 

Xuntamonos cos laciños vermellos e fixemos un experimento...



Imos a ser "Gardiáns do Planeta" e comezamos apadriñando un pingüín, chamase LACITO.
 
FELICES VACACIÓNS DE PASCUA!!!

ANIVERSARIOS DE MARZO

Moitas felicidades para GAEL e ASTRYD que cumpliron xa 5 aniños!!



CONTO:" SIETE RATONES CIEGOS"

Nesta fábula oriental, de Ed Young, artista chinés-estadounidense, narra a historia dun grupo de ratos de diferentes cores, pero con algo en común: todos cegos. Un día tras outro, un dos ratos achégase a “Algo Moi Raro”  e regresa convencido de resolver o misterio; pero nunca se poñen de acordo: un alicerce, unha serpe, un cantil, unha lanza, un abanico, unha corda…Ata que o último día, o sétimo rato Branco percorre o “Algo Moi Raro” de punta a cabo, de arriba abaixo  e conclúe que todos tiñan unha parte de razón . Con esta historia aprendimos un montón de cousas: a importancia dos cinco sentidos no día a día e a información que nos dan, valorar o traballo en equipo e buscar solucións entre todos, a curiosidade por descubrir cousas novas e por suposto para aprender os días da semana e os números que traballamos nas rutinas da asamblea dende o mes de setembro. Gustounos moito!

        

 

HORTO

Tal como nos comprometéramos no coidado do medioambientep pois comezamos esta semana indo ao horto escolar con  Yago García-Garaball, que é asesor e creador de hortos ecolóxicos. Contounos que antes de plantar temos que preparar a terra e usar unhas ferramentas axeitadas. Despois de escoitar todos os consellos prácticos que nos deu, axudámoslle a preparar a terra e cubrímola con serraduras de madeira para que conserve a húmidade para cando toque plantar.

 

PROXECTO OS POLOS III

Xa sabemos moito sobre a vida dos inuits, onde viven,  que comen, como  se visten, como son as súas casas, que medios de transporte usan, e como é a súa cultura ( arte, tradicións, amuletos….)

Na clase intentamos parecernos cada vez mais a eles ( saimos de caza, pescamos, cociñamos no iglú, formamos inushuks para orientarnos, traemos amuletos para que nos protexan e nos den sorte e ata xogamos na mesa sensorial como si estivésemos na neve).

Chegamos ao final do proxecto, gustounos tanto que aínda seguen  chegando aportacións. Luca tróuxonos  un mural  dos Polos,  Jana unhas bonitas manualidades, Markel  un xogo no que se traballan  de forma divertida números e vocabulario relacionado coa temática   e  Saúl un diploma no que se acredita que apadriñou un pingüín chamado Pepe e  que polo tanto  se compromete  a esforzarse todo o  posible para cuidar o medioambiente. Gustounos tanto esta  iniciativa que  os laciños azuis tamén nos sumamos.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do día muller participamos nunha actividade proposta polo centro que consisitu en  elexir unha muller relevante na historia .

Viaxamos no tempo, e eleximos a Josephine Diebitsch Peary porque foi a primeira muller en formar parte  nunha expedición ao Ártico. Foi fotógrafa, documentalista e conviviu coas mulleres inuits, incluso  tivo alí á súa filla a cal chamarían "o bebé das neves". Foi unha muller valente e que demostrou que non hai límites para os soños e a aventura. CLICA NA IMAXE

Despois tamén disfrutamos da lectura de contos relacionados coa temática e rematamos  dibuxando unha muller importante na nosa vida, aquí tedes o resultado.

 

SAÍDA GADIS

Participamos a través dunha saída, no programa ALIMENTES, un programa educativo posto en marcha polo supermercado Gadis para concienciar ao alumnado da  importancia dunha  alimentación saudable , da actividade física  e do consumo responsable.

Despois dunha charla na que se fixo fincapé nas porcións de alimentos indicados para unha alimentación equilibrada, visitamos as distintas seccións e aprendemos moitas cousas como o nome de novas froitas, verduras, a diferencia entre pescado branco ou azul,  as ventaxas do pan artesán ….

Foi moi interesante, agora só falta aplicalo!

 

Powered by Drupal - Design by artinet