3º Ciclo

Escolares no Xacobeo

O día 12 de maio do 2010 os alumnos de 5º de primaria do colexio Juan Fernández Latorre e os alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Curros Enríquez, acompañados dalgúns profesores, fixemos 12 km do Camiño de Santiago.

 

Saímos do colexio as nove da mañá e chegamos a Furelos (Melide) as once, onde comezamos a nosa ruta. Cando comezamos o camiño atopamos unha ponte medieval moi bonita, e mais adiante atravesamos un río pasando por riba dunhas pedras; isto gustounos moito a todolos nenos e nenas.Tamém levábamos unha especie de carta de peregrino, e nela cuñabamos ao pasar polas igrexias . O camiño o sinalaban unhas frechas amarelas.

 A unha e media paramos á tomar un pequeno almorzo na parroquia de Santiago de Boente (Arzúa), despois de camiñar un pouco mais comimos cerca do Albergue de Ribadiso, onde rematamos esta pequena parte do Camiño de Santiago.

 

Cando finalizamos a comida tivemos tempo para xogar, a continuación subimos aos autobuses e regresamos aos colexios, cansados pero moi contentos de ter feito este tramo do Camiño.

 

Vimos unhas paisaxes moi bonitas e diferentes as que temos na cidade. Foi unha bonita experiencia na que o pasamos todos moi ben.

                                                                                      Andrea e Dairon de 5º A

CIRCUÍTO ELÉCTRICO

O alumnado de 6º realizamos unha actividade, na asignatura de Coñecemento do Medio, que consiste en elaborar un xogo eléctrico.

Fixémolo da seguinte maneira: Cada alumno, en grupos ou individualmente, realizou un xogo diferente, como por exemplo: coches, xogos de preguntas e respostas, casas encantadas, lampadiñas luminosas, maquetas…


Agora imosvos explicar dunha forma resumida as partes que ten que ter un circuito, os materiais e como funciona.

Materiais: • Unha pila de petaca • Cableado • Unha bombilla • Clips

Partes: • Xerador de corrente • Materiais condutores • Interruptor • Receptor

Realización do circuíto: - Primeiro pelas os extremos dos cables e os atas aos dous polos da pila de petaca, un ao polo negativo e o outro ao polo positivo, unha vez realizado este proceso atas os outros extremos dos canles á bombilla. No medio colocas o clip (interruptor) para poder abrir e pechar o circuito.

- Despois cada neno decorouno ao seu gusto e levouno a clase para que todos os seus compañeiros o probaran. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA!!!!!!!!!

 

MINI - OLIMPIADAS

MINI - OLIMPIADAS

O alumnado de 6º de Primaria o 26 de febreiro fomos ás instalacións deportivas da Universidade a facer unhas mini -ollimpiadas.

Vimos as instalacións e Adrián explicounos que tipo de probas se realizaban en cada sitio.

   

As dúas primeiras probas foron as carreiras de 100 metros e a de vallas.

   

A continuación fixemos as carreiras de relevos. Unha competición de traballos en equipo.

   

Os saltos. A area estaba moi dura xa que chovera moito.

 

 

   

A carreira de resistencia foi a última proba do día e chegou a despedida.

Pasámolo xenial.

 

 

 

 

 

Competencias Dixitais do alumnado de 5º e 6º

Para coñecer a competencia dixital do alumnado do terceiro ciclo estamos a participar nun proxecto europeo, Comenius Regio. Os participantes ingleses elaboraron unha enquisa (survey) para determinar o punto de partida. Podedes colaborar adicando cinco minutos a contestar os items desta enquisa:
https://www.surveymonkey.com/s/Se_como_usar_un_ordenador

Os ecosistemas

O luns 16 de novembro buscamos links sobre o tema que traballamos na clase coa titora. Despois Pablo deixounos xogar a unha especie de trivial sobre navegación segura por internet. Moi interesante

http://www.navegacionsegura.es/

Sobre os ecosistemas:

-http://catedu.es/chuegos/kono/sexto/t1/eco2.swf

http://encinas.lacoctelera.net/post/2008/12/01/los-ecosistemas

http://www.barrameda.com.ar/ecologia/ecosistem.htm

http://www.escolar.com/cnat/a5ecosistemasterr.htm

http://www.stratozor.es/ecosistema/

 

 

Animais invertebrados

Hoxe traballamos en informática, o alumnado de 5º A,  a búsqueda de recursos para repasar o tema dos animais invertebrados. Esto sson os resultados:

- Mapa conceptual                    

- Actividade en JClic (necesario Java)

- Juego de los artrópodos

- Esquemas cheos de contenidos para repaso e reforzo

 

As plantas

Nos seguintes enlaces podedes acceder a multitude de actividades para traballar sobre todo o relacionado coas plantas:

http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t2/plan.swf

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/concurso2004/ver/09/

http://clic.xtec.cat/db/act_es.jsp?id=3146 ( actividade en JClic, é necesario instalar o programa que ademáis é gratuito)

Video explicativo : http://www.youtube.com/watch?v=Yp0l2Fk3hdo

A fotosíntesis:  http://www.youtube.com/watch?v=_qLD8tPJOYw

 

 

A NUTRICIÓN

APARATO DIXESTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet