5ºB

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O día 22 de marzo visitamos a veciña Biblioteca Municipal. Como sempre, unha verdadeira marabilla esa experiencia. Dende aquí queremos agradecer o traballo das persoas traballadoras nesa biblioteca, que sempre están mimándonos e preparan unhas actividades que nos encantan! Grazas!

VISITA BIBLIOTECA 5º de CEIP Fernández Latorre

COMO MANDAR UN ARQUIVO EN EDIXGAL

Déixovos aquí unha pequena guía de como mandar unha tarefa a edixgal. Seguide todos os pasos e xa veredes como non tedes problema. Premede na seguinte ligazón e accederedes a ela.

PASOS A SEGUIR

ENTROIDO 5º B

Aquí deixamos unha foto dos hippies de 5º B (sentimos que non puidese estar a clase completa, pero algúns e algunhas estaban mal e non puideron acompañarnos).

Feliz Entroido!

ENTROIDO

Neste tempo de Entroido, compartimos con todos e todas vós este traballo que elaborou Bruno, un compañeiro da aula. Desfrutádeo!

Parabéns polo traballo e moitas grazas!

 

FELIZ NADAL!


5º B UNIDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 5º B queremos dicir NON! a toda clase de violencia de xénero.

OBRADOIRO SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO

O día 22 de novembro tivemos a primeira sesión dun obradoiro sobre a igualdade de xénero. Bibi explicounos a diferencia entre sexo e xénero, falamos das desigualdades que hai na nosa sociedade e da importancia de non deixarnos levar polo que indican as modas ou polos costumes de hai tempo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet