6ºB

Titoría

ILUSTRACIÓNS DAS LETRAS GALEGAS 2018

Para homenaxear de xeito especial a Mª Victoria Moreno, no cole ilustramos fragmentos de distintos libros dela. Traballamos  textos de "Eu conto, ti cantas", "Mar adiante" e "O cataventos" e con todos eles fixemos unha pequena exposición na entrada do Centro.

Aquí tedes o resultado.

 

Na Torre de Hércules

O 13 de marzo os nenos e nenas de 5º B fomos a Torre de Hércules. Primeiro,fomos a un lugar onde dúas rapazas e un rapaz da Escola de Turismo de A Coruña esplicaronos que era a Torre de Hércules.
Despois, fomos cara alí parando en cada monumento e explicando a súa historia.Por último,  subimos e baixamos as 234 escaleiras parando en cada unha das súas 3 plantas.
Foi moi divertido, ¡Encantoume! (Ana Polanco)

A charla de educación afectivo-sexual

O día 10 de novembro, venres, nos viñeron a dar unha charla da reprodución sexual .Dixéronnos que os nenos cando se fan maiores ían botar un liquido chamado semen. O semen é un líquido que botan os homes cando teñen relacións sexuais, ou as veces cando durmen. Sobre as mulleres tamén dixeron que teñen a menstruación ou regla. Isto é cando a muller entra na pubertade. A regla é un liquido de cor marrón ao principio, e logo vermello que botan as mulleres pola vaxina.

Lucía Sestayo Cupeiro. 5ºB

Teatro en Afundación

Hoxe, 6 de Novembro tivemos a nosa primeira saída cultural do curso. Era unha obra de teatro chamada "Laberinto". Esta obra represéntana actores e actrices moi graciosos e animados que nos querían transmitir dúas mensaxes: 1ª non importa o rico, pobre, guapo, feo, forte ou débil que sexas, a xente non debe decidir si es boa persoa ou non, polos teus rasgos físicos. 2ª Hai que enfrentarse ós problemas, buscar unha solución, se non pasaralo moi mal.

Lucía Parga Verdía. 5ºB

Charla psicosocial en Educasaúde

Hoxe viñeron a clase Javier e Jona para darnos una charla sobre a psicoloxía. Dixeron que había 5 habilidades comunes para facer amigos.Tamén falaron do efecto óptico,no pasoute algo como que un amigo vera entre polas unha cara e ti viras un ollo? Pois eso e o efecto óptico. Co efecto óptico tamén se forman ambas opinións de que son algo pero tamén poden ser correctas as dúas. Despois fixeron un xogo de que nos daban dez cousas e estábamos no espacio e había que valoralas do 1 ao 10, por grupos, dando o 1 o que considerábamos máis importante e o 10 ao menos importante. Logo nos daban as respostas e se comparaba a diferencia numérica que había entre as respostas correctas e as respostas de cada grupo, e gañaba quen tivese o menor número. Isto e útil por exemplo, se mudaste a outra cidade para facer amigos e resolver conflictos. Creo que estivo bastante interesante.

5ºB Pablo Uría Cánovas.

Charla contra a piratería

O luns 30 de outubro visitounos unha rapaza dun proxecto chamado Defiende Nuestra Cultura.
Falounos do malo que é piratear e as descargas ilegais. Por exemplo, nos libros, nas películas e nas series hay comprador responsable e comprador irresponsable. 
Na parte de videoxogos sacáronme a min para explicar. Púsoxe a falar do que tiña que estudiar e de que se algún día facía algún videoxogo que podían piratearme o meu traballo.
Tamén nos explicaron que é a cultura e a importancia e significado da mesma.
Agora xa sabemos e comprendemos porqué non se debe facer un uso irresponsable das cousas sen permiso do autor.

Candela Rodríguez Fernández 5ºB,

A charla médica de Educasaúde

Hoxe, 23 de outubro, viñeron a nosa clase os de Educa Saude, concretamente unha enfermeira chamada Patricia, e falounos sobre a pirámide alimenticia. Tamen nos dixeron que era moi importante durmir 10H ou maís.

Primeiro nos explicaron a parte verde (a parte de abaixo) Hai están as froitas e as verduras: Dixéronos que é mellor tomar a laranxa pelada que un zume feíto con esa mesma laranxa, e que tamén é máís sán o zume natural que o de Brik porque o de Brik contén moito azucre colorantes e conservantes. A súa vitamina dura maís ou menos 12H.Tamen nós expulsamos as heces, e se non as expulsamos te pode doer moito a barriga e podes chegar a morrer porque nos envenenarían as heces. Nos dixeron que é maís sano comer queixo normal que os quesitos da tenda. Unha cousa que me pareceu moi interesante foi que nos dixeron, que o calcio era moi importante para fortalecer os osos e para que crezcan. Tamén explicounos que as galletas so se deben comer 3 ou 4 (no fin de semana so). O agua tamén e súper importante para non deshidratarnos, hai que beber maís ou menos 1L e medio diario. Tamén dixeron que o ovo en de orixen animal pero non é un animal (o seria se chejgase a xerminar) Na parte laranxa da pirámide, están os peixes e os mariscos, como por exemplo a sardiña e a gamba. Os dozes están na zona vermella porque conteñen moita grasa, como o aceite. As bebidas enerxéticas son moi perigosas para a xente adulta e moito maís para os nenos/as e nos poden poñer moi mal. Poden provocar un derrame cerebral ou incluso a morte. Como por exemplo o Monster, o Red Bull, o Burn, etc. É mellor tomar refrescos, aunque o mellor é tomar auga, porque os refrescos teñen moito azucre, conservantes e colorantes.
 A min a charla gustoume, e así xa lle podo dicir a miña nai que non tome maís o Red Bull, e tamén non comer tantas galletas. Tamén podo contarlle a outra xente  o que nos dixeron os de Educa Saude.

Daniela Vaamonde Díaz - 5ºB

O planetario móvil de Edu Caixa no cole

O martes 26 de setembro atopámonos cunha sorpresa . Era un planetario!!! No planetario observamos a estrela polar que semella que nunca se move. Tamén como a Terra fai o movemento de rotación para que sucedan o día e a noite. Despois de esta información pasamos a ver o ceo de outono , coa historia de grandes “deuses” e, como non, a osa menor, maior , un guerreiro moi importante, o can menor e o can maior ... a verdade é que non o imaxinaba tan fermoso! Logo, o ceo de inverno que tamén era precioso aínda que a mín gustoume máis o de outono. Iso sí, foi insoportable a calor que pasamos!!! Eu recomendaría para outra vez dividir a clase en dous grupos para facer a visita.

Noa de 5ºB

Powered by Drupal - Design by artinet