CIRCUÍTO ELÉCTRICO

O alumnado de 6º realizamos unha actividade, na asignatura de Coñecemento do Medio, que consiste en elaborar un xogo eléctrico.

Fixémolo da seguinte maneira: Cada alumno, en grupos ou individualmente, realizou un xogo diferente, como por exemplo: coches, xogos de preguntas e respostas, casas encantadas, lampadiñas luminosas, maquetas…


Agora imosvos explicar dunha forma resumida as partes que ten que ter un circuito, os materiais e como funciona.

Materiais: • Unha pila de petaca • Cableado • Unha bombilla • Clips

Partes: • Xerador de corrente • Materiais condutores • Interruptor • Receptor

Realización do circuíto: - Primeiro pelas os extremos dos cables e os atas aos dous polos da pila de petaca, un ao polo negativo e o outro ao polo positivo, unha vez realizado este proceso atas os outros extremos dos canles á bombilla. No medio colocas o clip (interruptor) para poder abrir e pechar o circuito.

- Despois cada neno decorouno ao seu gusto e levouno a clase para que todos os seus compañeiros o probaran. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA!!!!!!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet