3º Ciclo

Curtametraxes do terceiro ciclo

Aquí está o resultado do traballo realizado no marco da actividade extraescolar de Elaboración dunha curtametraxe en língua galega, desenrolado durante o primeiro trimestre do curso para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Noraboa ás novas actrices e actores, e como non aos seus profesores.


Visita ao Albergue Padre Rubinos

Hoxe visitamos o Albergue Padre Rubinos. Alí entregamos os alimentos e os productos hixiénicos recolectados estas semanas no Colexio. Tamén fixémos unha visita guiada polas súas instalacións con Patricia, unha das súas traballadoras, educadora social. Nas instalacións ensináronnos as habitacións das mulleres e dos homes, a cociña, o comedor... Dixéronnos as actividades realizadas alí cada día e que cando sexamos maióres de idade poderíamos colaborar con eles como voluntarios.                         (Sol e Daniel 6ºA)

Consumo responsable

O mércores o alumnado de 4º e 5º de Primaria puideron disfrutar dunha divertida charla sobre o consumo responsable, de barrio e galego, así como a tradición do Apalpador. Todo grazas a colaboración da Asociación de Veciños da Gaiteira.

Lección de vida

Continuando coa liña de mútua colaboración entre a ONG Miradas al Mundo e o Colexio, o martes contamos cunha visita moi interesante. Trátase de Bebe, un cidadán de orixe senegalés que contou ao alumnado de sexto de primaria as súas vivencias dende que decidiu abandonar o seu pais en patera. Explicou ademáis, moitas das razóns que lle levaron ao noso pais. Tamén contounos como viven en paises como Senegal e Guinea Bissau. Dende logo unha visita que axudounos a todos a reflexionar e valorar máis e mellor as cousas que realmente importan na vida.

Resultados da avaliación diagnóstica 2012

Con moito retraso recibimos os resultados da avaliación diagnóstica realizada en maio de 2012 ao alumnado de cuarto de primaria, que actualmente están xa en quinto curso. Os resultados son discretos e amosan unha debilidade maior nas competencias matemática e social e cidadán, e uns resultados similares á media na competencia linguística. A partir de agora elaboraremos un Plan de Mellora nas tres competencias avaliadas. Nos arquivos adxuntos podemos examinar con detalle os resultados globais do Colexio.

Visitounos unha ONG

A ONG "MIRADAS AL MUNDO" deunos unha charla informativa sobre a labor que está a desenvolver nunha zona de Guiea Bissau, un dos paises máis pobres de África e do mundo. Durante a charla poidemos ver vídeos do seu traballo nas aldeas. Tamén comprobamos como viven, onde estudian, xogan, viven, etc. Finalmente comprometímonos a colaborar con eles para que poidan construir unha nova escola, mellor e máis grande que a actual. Haberá un contacto mutuo entre os nenos da aldea e os do Colexio a través de cartas, fotos e vídeos. Xa no mes de xaneiro celebraremos un mercadillo de xoguetes para recaudar fondos para que esta ONG poida conseguir a construcción da nova escola. Todos queremos e debemos ser SOLIDARIOS.


 

Powered by Drupal - Design by artinet