Escolares no Xacobeo

O día 12 de maio do 2010 os alumnos de 5º de primaria do colexio Juan Fernández Latorre e os alumnos de 5º e 6º de primaria do colexio Curros Enríquez, acompañados dalgúns profesores, fixemos 12 km do Camiño de Santiago.

 

Saímos do colexio as nove da mañá e chegamos a Furelos (Melide) as once, onde comezamos a nosa ruta. Cando comezamos o camiño atopamos unha ponte medieval moi bonita, e mais adiante atravesamos un río pasando por riba dunhas pedras; isto gustounos moito a todolos nenos e nenas.Tamém levábamos unha especie de carta de peregrino, e nela cuñabamos ao pasar polas igrexias . O camiño o sinalaban unhas frechas amarelas.

 A unha e media paramos á tomar un pequeno almorzo na parroquia de Santiago de Boente (Arzúa), despois de camiñar un pouco mais comimos cerca do Albergue de Ribadiso, onde rematamos esta pequena parte do Camiño de Santiago.

 

Cando finalizamos a comida tivemos tempo para xogar, a continuación subimos aos autobuses e regresamos aos colexios, cansados pero moi contentos de ter feito este tramo do Camiño.

 

Vimos unhas paisaxes moi bonitas e diferentes as que temos na cidade. Foi unha bonita experiencia na que o pasamos todos moi ben.

                                                                                      Andrea e Dairon de 5º A

Powered by Drupal - Design by artinet