Taboleiro

Graduacións e despedida

O venres 23 de xuño terminou este curso tan especial do 25º aniversario, e co final chegaron tamén os emotivos actos de graduación de infantil, e especialmente o de primaria, xa que logo de nove anos no colexio, as alumnas e alumnos de 6ºEP emprenden unha nova etapa na ESO, na que lles desexamos moitísima sorte. E mentras a disfrutar do verán!!

2 de maio, día lectivo

O martes 2 de maio haberá clase con total normalidade. É certo que na circular de inicio de curso figuraba como non lectivo, pero xa antes do nadal correximos na web esta incidencia, motivada pola elección, por parte do Concello, do día 8 de marzo como festividade local. Ademáis emitimos un aviso a todas as familias a través de Abalar Móbil.

Segunda semana da froita

Finalizando o mes de abril, realizamos esta segunda semana de reparto de froita gratuita a todo o alumnado e profesorado, durante os recreos. Con esta campaña sumámonos as iniciativas que favorecen o sentido a unha alimentación sana e saludable, difrutando de cinco froitas diferentes ao longo da semana. A finais de maio disfrutaremos da derradeira semana deste curso escolar.

Simulacro de evacuación

O venres 21 de abril realizamos o simulacro anual de evacuación do Colexio. A novidade deste ano centrábase na realización desta actividade de acordo ao novo Plan de Autoprotección do centro, renovado recientemente, pola empresa especializada Gesplan. O resultado foi positivo, evidenciando unha boa preparación e coordinación de toda a población escolar.

Próximamente faremos público o novo documento, para que esté a disposición de calquera membro da comunidade educativa.

Campamentos de verán da Xunta

Xa está activada a campaña de verán de campamentos para a mocidade galega. Dende os 9 anos de idade hai unha atractiva oferta. Facendo clic na imaxe atoparedes toda a información desta convocatoria.

Terceiro trimestre

A partir do martes 18 de abril iniciaremos o último tramo do curso, que rematará 0 23 de xuño. Como sempre, agardamos un trimestre cargado de actividades e saídas, onde queremos salientar as actividades que conmemorarán o 25º aniversario do Colexio, e onde destaca a gran festa do día 22 de xuño. No medio teremos os resultados do proceso de admisión, novas semanas de reparto de froita, a conmemoración das Letras Galegas, aas avaliacións LOMCE, etc. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet