Taboleiro

Recoñecemento como Centro Solidario

O venres 30 de novembro recibimos no colexio á representante de Save The Children que desprazouse dende Madrid para facernos entrega da placa que recoñece ao CEIP Juan Fernández Latorre como Centro Solidario. Un premio ao traballo de todos-as durante estes anos participando na carreira solidaria, e obtendo estupendos resultados de recaudación, participación e implicación. O noso interese é continuar fornecendo a educación en valores, e a solidaridade é fundamental. Noraboa!!

O Magosto en imaxes

Unha xornada estupenda de outono na que disfrutamos dun magosto coa participación de alumnado, profesorado e familias, e introducindo a novidade da iniciativa  educativa e colaborativa de voluntariado para o alumnado do colexio. Noraboa!!

Entrega de libros e material escolar

Como anticipamos en días pasados, a entrega de materiais e libros para o alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria, será o xoves 6 e o luns 10 de setembro entre as 10,30h e as 12,30h nas aulas correspondentes. No resto de cursos, o alumnado traerá o seu material o primeiro día de clase.

LISTAXES DE MATERIAL:

1º ED. PRIMARIA           2º ED. PRIMARIA   

3º ED. PRIMARIA           4º ED. PRIMARIA

5º ED. PRIMARIA           6º ED. PRIMARIA

Profesorado no curso 18/19

A continuación podedes consultar como queda adscrito o claustro do profesorado para este curso:

TITORÍAS                ESPECIALIDADES

Estamos de volta co curso 2018-19

Ola a todas e todos. Agardamos que disfrutárades do verán ao máximo e que servira para coller novas forzas e ilusións. O certo é que a partir do luns 3 de setembro o colexio estará aberto no seu horario habitual para facer calquera xestión ou consulta. Como ven sendo habitual nestes primeiros días publicaremos as datas e horas para entregar os materiais e libros nas aulas de infantil e 1º e 2º de primaria, o resto de alumnado xa o traerán eles o primeiro día de clase. Seguramente contade que o xoves 6 e luns 10 serán os días de entrega, pero non vos preocupedes porque o martes xa publicaremos as listaxes de materiais e confirmación de horarios de entrega. O alumnado de 3º e 4º de primaria, beneficiario de Fondolibros ten que recoller os seus libros no horario e datas indicados a finais do curso pasado. Moito ánimo e feliz curso!!.

 

Festa de fin de curso

Acabou o curso 17/18 coa tradicional Festa de Xogos, aquí podedes ver unha recopilación das mellores imaxes deste día. BOAS VACACIÓNS!!

 

Reparto de froita e leite

Como nos cursos pasados, continuamos co reparto de froita. Este curso foron dúas semanas seguidas para a froita. Segue a ser un éxito entre a maioría do alumnado, aída que temos que recoñecer que unha pequena parte todavía ofrece certa resistencia ao consumo habitual de froita e leite. Seguiremos favorecendo a implantación de medidas que  consoliden hábitos saudables de alimentación durante os recreos.

Avaliacións individualizadas de 3ºEP e 6ºEP.

Un ano máis o Colexio participa nas avaliacións individualizadas de 3ºEP e na de final de primaria, para o alumnado de sexto. A primeira realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 23 e 24 de maio. A de sexto ten carácter censal, e este curso tocoulle ao noso centro participar nela, xunto con outros centros educativos de Galicia que foron seleccionados e aqueles que participen voluntariamente. A continuación informamos ás familias respectivas con sendas circulares.

CIRCULAR FAMILIAS DE 3ºEP

CIRCULAR FAMILIAS DE 6ºEP

40 anos de IAR

O pasado xoves 3 de maio a AAVV IAR , inauguró a súa exposición do 40º aniversario no CC do Castrillón. No acto o noso Colexio recibíu un agasallo pola súa colaboración coa organización veciñal. Facemos a todos-as os membros da comunidade educativa partícipes deste obsequio, e desexamoslles moita sorte.

Powered by Drupal - Design by artinet