Taboleiro

Reparto de leite

Como novidade do presente curso participamos no programa de reparto de leite, actividade que engádese ao reparto de froita, no que xa levamos tres anos. Durante as vindeiras catro semanas, todo o alumnado poderá disfrutar diariamente do leite. Xa no terceiro trimestre voltaremos con esta campaña outras catro semana, e terminando o curso haberá dúas semanas de reparto de froita.

 

Festival de Nadal 2017

Norabóa a todos e todas polo bo traballo realizado. Tamén queremos pedir disculpas a 4 anos A e 6ºA por non poder difundir as súas actuacións debido a uns fallos nas grabacións. FELICES FESTAS!!

Colaboración coa Cocina Económica

Grazas pola vosa solidaridade. Os responsables desta entidade transmitíronnos a súa gratitude e tamén lembraron a necesidade destas campañas e axudas, que son as que fan posible atender todas as necesidades. 

Charlas Educasaúde

A partir do luns 23 de outubro e ata decembro, todo o alumnado do Colexio e todas as familias, terán a posibilidade de asistir ás charlas do programa EDUCASAÚDE. Este programa municipal pretende axudar aos centros educativos a transmitir a toda a comunidade educativa a importancia de coñecer e poñer en práctica hábitos de vida saudables, As temáticas das charlas serán médica, social, psicolóxica e afectivo-sexual (para 5º e 6ºEP esta última). O alumnado recibirá as charlas, por parte dos profesionais, no horario lectivo, reforzando así estes contidos presentes no curriculum escolar. As familias poderán asistir ás charlas en horario de tarde, previa convocatoria, e ademáis haberá talleres para que poidades deixar aos vosos fillos-as mentras dura a charla.

Aquí vos deixamos o cadro xeral de horarios desta interesantísima actividade.

 

Empezan as saídas

A partir desta semana comezan as primeiras saídas ao teatro. Como é costume no enlace Calendario de saídas teredes a información actualizada de todas as actividades que se realizan fora do centro, por trimestre. 

Novedades en Abalar Móbil

Dende este curso a aplicación permite que enviemos enlaces activos a circulares, arquivos e webs. Isto era unha demanda do colexio que por fin veuse cumprida. Isto permitirá no futuro que enviemos as circulares exclusivamente a través desta aplicación, conseguindo un importante aforro en papel, impresión e sobre todo colaborar co medio ambiente. Lembrade que tedes que ter a aplicación actualizada.

Camiños escolares seguros, ANCAS

Na Semana Europea da Movilidade,  acabase de facer accesible o visor das rutas dos camiños escolares A.N.C.A.S.  Como vedes ao acceder hai un mapa xeral con todas as rutas dos diferentes colexios, onde por suposto, aparece o noso centro. Cando fagades clic nel veredes os planos das diferentes rutas ao cole elaboradas polos responsables do Proxecto ANCAS. Aquí teredes esta información, tanto para descarga como para consulta.

Animádevos a participar nos camiños seguros ao noso cole.

 

 

Listaxes de material e datas de entrega

 

A entrega dos libros e material escolar de Infantil e 1º e 2º de Primaria será o mércores 6 e xoves 7 de setembro, entre as 10,30h e as 12,30h. No resto de cursos a entrega será co inicio das clases.

LISTAXES DE MATERIAL:

PRIMEIRO - SEGUNDO - TERCEIRO - CUARTO - QUINTO - SEXTO

O luns incorporaremos as listaxes restantes

Powered by Drupal - Design by artinet