Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Inicio de curso 2016/17. Calendario escolar

 RESUMO CALENDARIO ESCOLAR 2016/17

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h.

Actualización das Listaxes fondo de Libros texto 16/17

Consultar a asignación de libros nas dúas listaxes. Ainda que o/a alumno/a apareza con libros asignados na primeira lista comprobar se ten algún máis na segunda.

   LISTAXE 1      LISTAXE  2   

Listaxes setembro comedor escolar 2016/17

 O Consello Escolar do centro, consultada a Consellería de Educación, e aplicando a instrucción 1/2016, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio de 2016, revisou e baremou as solicitudes presentadas, tendo en conta que as circunstancias e criterios segundo o cal foron concedidas as prazas no curso pasado variaron, polo que ser usuario do servizo no curso 2015/16, non será o primeiro criterio na orde de preferencia.

 O número de prazas totais ofertadas para o curso 2016/17 serán probablemente 368, reservándose 4 para posibles altas de alumnado con situación de risco de exclusión social.

9 de setembro de 2016

 

Inicio de curso 2016/17

O  luns, 12 de setembro, iniciamos o curso 2016/17.

O servizo de transporte funcionará coas mesmas rutas e paradas que o curso pasado.

Consulten os listados de admisión do servizo de comedor, cuxo servizo funcionará dende primeiro día.

Horarios de setembro:

-Bos días cole: Dende ás 7:30h

-Entrada no centro familias e transporte: dende ás 9:30h

-Horario lectivo: 9:45h- 14:30h

-Comedor: 14:30h

-Saída de comedor: 15:30h

-Saída de transporte: 16:30h.

Rogamos envíen polo alumnado unha nota a cada titor/a indicando a hora de recollida do alumnado (14:30h, 15:30h, 16:30h), e o uso ou non dos servizos de transporte e comedor.

Benvidos e bo comezo de curso 2016/17.

Atención aos novos números de teléfono do centro

CONSERXERÍA SECRETARÍA FAX
881866078 881866079 881866086

Relación de libros de texto curso 2016/17

Xuntamos relación de libros de texto para o curso escolar 2016/17.

Prema na imaxe para acceder.

Xornada Portas Abertas

A próxima semana terán lugar as xornadas de portas abertas que todos os anos se realizan preferentemente para as familias de nova incorporación no centro. Nestas xuntanzas falarase de aspectos importantes no funcionamiento do centro e realizaremos unha visita polas instalacións.

Luns 6 de xuño ás 5 da tarde na biblioteca para Educación Primaria

Martes 7 de xuño ás 5 da tarde na  biblioteca  para Educación Infantil

Axudas libros de texto e material escolar. Fondo de libros. 2016/17

Resumo da ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolarcurso escolar 2016/17.

 A-FONDO SOLIDARIO ( 3º, 4º, 5º e 6º de primaria)

 A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Festa das Letras Galegas na Carballeira

A semana adicada ás Letras Galegas  pechouse cunha gran Festa na Carballeira de Santa Minia, o venres 20 de maio. Todas as actuacións xiraron arredor da figura do poeta chairego Manuel María. Incluiron poesía, música, baile e canto tradicional. Participou todo o alumnado do CEIP de Pedrouzos, escolas unitarias e algúns grupos do IES Brión.

Agradecemos a colaboración do concello, de protección civil e policia Local na organización desta actividade e a participación da escola de música e baile das actividades extraescolares e do grupo folclórico de Brión. (máis fotos)

Listaxes definitivos do alumnado admitido curso 2016/17

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2015/16 foi admitido.

As familias do alumnado admitido deberá formalizar a  matricula  do 20 ao 30 de xuño na secretaria do centro.

 Documentación      Impreso formalización matrícula

De momento non podemos informar sobre a situación das solicitudes de servizos complementarios, transporte e comedor.

 

Listados definitivos admisión Infantil

Listados definitivos admisión Primaria
Distribuir contido


by Dr. Radut