OS NENOS E NENAS DE QUINTO ACORDÁMONOS DE VÓS NUN DÍA QUE DEBERÍA SER MOI ESPECIAL E, DESAFORTUNADAMENTE, NON PODE SER ASÍ. PERO QUEREMOS QUE SAIBADES QUE VOS TEMOS NO PENSAMENTO E QUE VOS DESEXAMOS O MELLOR NESTA NOVA ETAPA. AGARDAMOS QUE VOS ESPEREN MOITOS MOMENTOS ESPECIAIS NO INSTITUTO. UNHA APERTA MOI FORTE.
Ola a todos e a todas ! Quero facervos chegar unhas cartas de despedida d@s alumn@s de sexto de Primaria , que este curso acabaron dun xeito moi singular . Estes rapaces e rapazas quixeron deixar constancia do que pensan do seu paso polo CEIP de Curtis .
Son consciente de que o que escribiron foi feito co corazón .Non hai nada mellor que a espontaneidade e os sentimentos xorden ,son espontáneos .
Aproveito para despedirme , como titora , deste grupo de sexto que vai iniciar unha nova etapa nas súas vidas. Deséxolles todo o mellor e que lembren sempre que
" hai que ser un mesmo " , " crer no que somos " , e
" todo é posible se nós queremos que sexa posible "
Quero recordarlles tamén que aquí teñen sempre unha amiga .
Ola a todos e a todas : este é o último saúdo do curso .Parece que é un soño acabar dun xeito tan singular . O que non é un soño é que eu vos diga que contei todo este tempo cos rapaces e rapazas marabillos@s . Deséxovos o mellor .
Para esta semana propóñovos que saquedes un pouquiño máis de vós , facéndome chegar o voso sentimento .
Quero que saibades que tedes aquí unha amiga .Ata sempre !!