Skip to Content

blogue deAna

Visita á feira de Curtis

Co motivo do Día dos Mercados o alumnado de 1°, 2°, 3° e 4° de Primaria visitaron a feira de Curtis. 

Noelia, traballadora do concello de Curtis, fíxonos un percorrido polos postos do mercado visitando a zona de embutidos e froitas, a pulpeira, as naves dos animais e o espazo adicado ás plantas. 

Non podiamos finalizar a visita sen degustar os churros e ademais trouxemos algún agasallo de volta. 

Cada un conta a feira como lle foi nela pero nós fixemos boa feira!!!

No arquivo adxunto podedes ver un video a modo de resumo do ben que o pasamos. 

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro no CEIP de Curtis celebramos o día da paz. 

Para esta conmemoración realizamos entre todos os cursos un mural representando barquiños acudindo a Ucrania a levar palabras amables de paz. 

Ademais cantamos todos xuntos no patio a canción PAZ PARA VIVIR, de María Vasán. 

Deixámosvos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos!!

 

 

Emisión radio 4º

Os nenos e as nenas de 4º fixemos o noso propio noticieiro radiofónico comentando algunhas das novas deste curso.  Esperamos que vos guste.

 

DÍA DA INFANCIA

Co motivo do Día da Infancia os nenos e nenas do cole investigaron sobre diferentes asociacións que axudan a menores con dificultades. Aquí tedes un resumo donseu traballo. Esperamos que vos guste. 

Distribuir contido


by Dr. Radut