Gallego

G1501073 Mantemento de equipos de rede, telefonía e fogar dixital

Gallego

Data: 

04/02/2016 - 10/03/2016

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1501073: Mantemento de equipos de rede, telefonía e fogar dixital

Summary: 

Actividade en rede para o profesorado de FP de electricidade e electrónica, onde se iniciará ao profesorado na reparación e mantemento das principais tecnoloxías de equipamento de rede, telefonía e domótica.
Gallego

Este curso é unha das novidades do plan anual de formación do profesorado da familia de electricidade e electrónica no presente curso 2015-16. Na actividade comezase por describir a estrutura de protocolos e aplicacións das principais redes de comunicacións con especial énfase naquelas empregadas no área domestico. A partires desa información se explican os procedementos de mantemento/solución de problemas de conectividade/velocidade así como dos aspectos referidos á seguridade e á integridade de datos.

Xa que o titor non fala galego, a actividade desenvolverase en castelán. No caso de que no futuro houbera mais edicións, tentaríase traducir a aula virtual e a guía didáctica.

Data de comezo: 4/2/2016

Data de finalización: 10/3/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 25

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66998

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=205

Mantemento equipos en rede

Inglés técnico nas familias profesionais

Summary: 

Cursos do Plan Anual 2015-16
Gallego

A partires da primeira semana de febreiro comezarán 2 actividades en paralelo destinadas á formación do profesorado de FP nas comunicacións en Inglés dentro do seu ámbito profesional e técnico. Son actividades cunha duración de 30 horas que se desenvolverán en rede .Estas actividades son:

Data de comezo: 1 de febreiro

Data de finalización: 13 de marzo

Lugar de Celebración: Platega2

Metodoloxía e Contidos

Os detalles sobre os contidos  facilítanse nas guías do curso que se envían durante o proceso de selección a todos aqueles profesores/as inscrit@s que resultaran seleccionad@s. Remitiranse dúas guías, a orixinal en inglés e a mesma traducida ao galego.

O profesorado seleccionado deberá acreditar o nivel de inglés B1 ou superior para ser admitido na actividade. Para tal efecto, senón ten constancia deste mérito na súa páxina de persoal, será necesario aportar o certificado que acredite este nivel de competencia ou equivalente, acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, sendo neste caso válidas as seguintes titulacións:

  • Certificado de nivel intermedio de inglés das EEOOII.
  • Certificado de ciclo elemental de inglés das EEOOII.
  • PET (University of Cambridge)
  • Trinity College, grade 5 o grade 6
  • TOEFL PBT: 487-567

 

Inglés técnico nas familias profesionais

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

Summary: 

Curso presencial no CAFI
Gallego

OBXECTO: Apoiar na implantación da asignatura de Oratoria nas aulas a través dun programa de capacitación e motivación para docentes. 

METODOLOXÍA: 

  • Transversal. Na concepción de que a oratoria ten un carácter transversal, proponse a creación de grupos de participantes heteroxéneos no que se refire ás materias das que son responsables que contribúa a romper estereotipos que relacionen o desenvolvemento das competencias en oratoria con ámbitos estritamente lingüísticos.
  • Práctica. A oratoria entendida como capacidade de utilizar a palabra para nos comunicar, require que a translación de contidos sexa feita dunha perspectiva eminentemente práctica.
  • Orientada a resultados. Desde o primeiro momento as e os participantes terán como orientación a realización dunha exposición pública de curta duración que
    contribuirá a que cada participante busque a súa motivación para acadar un obxectivo claramente definido: unha exposición pública atractiva.

REFERENCIA: S1503016

TÍTULO:  Obradoiro de oratoria no ámbito educativo

HORAS PRESENCIAIS: 12

PRAZAS: 20

LUGAR: CAFI

Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo
Obradoiro de Oratoria no ámbito educativo

G1501075: Raspberry Pi básico

Gallego

Data: 

29/01/2016 - 04/03/2016

Lugar: 

Platega 2 / CAFI

Sección: 

G1501075: Raspberry Pi básico

Summary: 

Nova actividade formativa en rede destiñada ao profesorado de Fp da especialidade da Electricidade e electrónica. No curso preténdese familiarizar aos participantes no emprego das Raspberry pi e nas súas posibles aplicacións didácticas.
Gallego

A Raspberry pi é unha placa integrada de baixo custe, que conta cun procesador e suficientes portos para ter a mesma funcionalidade cunha máquina computadora. O seu tamaño é moi reducido, e apoiase nunha importante comunidade que desenvolve software e propón novas aplicacións.

O titor é profesor da especialidade de sistemas electrónicos, cunha longa traxectoria traballando con microcontroladores e as súas aplicacións. A actividade xurdiu tras a realización o curso pasado dun proxecto de formación de FP orientado a afondar nesta nova materia.

A actividade inclúe dúas sesións presenciais obrigatorias de 3 horas de duración que terán lugar na Biblioteca do CAFI (Santiago de Compostela) os venres 29 de Xaneiro e 4 de Marzo, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Estas dúas sesións as impartirá o mesmo titor que a parte en rede.

É unha actividade centralizada polo que segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008, o permiso para asistir á sesión presencial xa ven concedido de facto sen necesidade de solicitalo á inspección educativa.

Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.

 

Data de comezo:  29/1/2016

Data de finalización: 4/3/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 31

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67002

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=207

Raspberry pi

Imaxe modificada a partires de "Raspberry Pi" por  Linux Screenshots con licenza baixo CC BY 2.0

G1501059: Electrónica básica e redes multiplexadas

Gallego

Data: 

22/01/2016 - 04/03/2016

Lugar: 

Platega2 / IES As Mariñas (Betanzos)

Sección: 

G1501059 Electrónica básica e redes multiplexadas

Summary: 

Proximamente vai ter lugar unha nova edición desta actividade formativa en rede dirixida ao profesorado de FP da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos. Cambia a duración da sesión presencial con respecto á da edición do curso pasado.
Gallego

Os sistemas de comunicación multiplexados, forman parte da electrónica dos automóbiles na actualidade. Como tal detectouse a necesidade de formación nesta temática para o profesorado da familia de Transporte de mantemento de vehículos.

O curso parte dos conceptos básicos da electrónica dixital como a base para poder entender o funcionamento dun sistema multiplexado, e posteriormente estúdanse os diferentes buses de comunicación multiplexados actualmente usados nos vehículos, así como a súa diagnose.

Os titores son profesores da especialidade de Organización e procedementos de mantemento de vehículos do IES As Mariñas (Betanzos) , que completaron os seus coñecementos previos por medio proxectos de formación de FP orientados a profundizar nesta novidosa materia.

A actividade inclúe unha sesión presencial de 7 horas de duración que terá lugar no IES As Mariñas (Betanzos) os días xoves 3 de Marzo e venres 4 de Marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas. Ao longo da fase en rede do curso, dividirase ao profesorado participante en dous grupos de 13 persoas como máximo; de xeito que un grupo acudirá á sesión presencial do xoves, e o outro á do venres. As sesións as impartirán os mesmos titores que a parte en rede, e durante as mesmas se traballarán aspectos prácticos da electrónica de buses de comunicacións dos automóbiles coa axuda das maquetas dispoñibles no centro.

É unha actividade centralizada polo que segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008, o permiso para asistir á sesión presencial xa ven concedido de facto sen necesidade de solicitalo á inspección educativa.

Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.

Data de comezo:  22/1/2016

Data de finalización: 4/3/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 37

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66972

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=199

Redes multiplexadas

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

Summary: 

PLATEGA. 2º TRIMESTRE. Prazas dispoñibles.
Gallego

MODALIDADE: online (PLATEGA)

NÚMERO DE HORAS: 50

INSCRICIÓNhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66780

Constituído arredor da ferramenta eXeLearning, pretende situala no seu lugar: Por un lado pretendimos afastarnos da idea da ferramenta como fin, pero sen chegar ao punto de considerala un medio "transparente". As ferramentas tamén condicionan o uso que facemos de elas e, en consecuencia, a nosa interacción co mundo real (metodoloxía).
Parece inevitable a necesidade de formular algún tipo de obxectivo educativo previo que nos vaia a servir de guía ao longo do desenvolvemento do curso. Esta declaración inicial de principios permitiranos ir tomando decisións tecnolóxicas de calado.
O curso está inspirado na metodoloxía de traballo do Centro de Desenvolvemento Currirular en Sistemas Non Propietarios (CEDEC).

FINALIDADES INSTRUCTIVAS:

  • Axudar ós estudantes a comprender un conxunto de dilemas sobre os recursos dixitais escolares cos que, no contexto da sociedade da información e da comunicación, os profesores han de enfrontarse á hora de planificar os procesos de ensinanza e de aprendizaxe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e a valorar os factores, mecanismos e condicións que favorecen unha aprendizaxe comprensiva dos contidos escolares.
  • Axudar ós estudantes a desenvolver a autoaprendizaxe no uso de ferramentas contedoras de contidos escolares, concretamente eXeLearning.
  • Axudar ós estudantes a experimentar a transformación colaborativa de Recursos Educativos Abertos coa ferramenta eXe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e valorar a existencia de novas estruturas rede ao servizo do traballo colectivo e colaborativo.

METODOLOXÍA:

O curso contén diferentes tipos de tarefas (lectura, creación de textos, discusión, construción e publicación de contidos) para as que será imprescindible a interacción social dos participantes, é por isto que os diferentes módulos non aparecerán abertos dende o comezo, senón que seguiremos unha secuenciación común de tarefas.

Partimos da seguinte conceptualización psicopedagóxica tomada do profesor Juan Carlos Pardo Pérez: Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. O presente curso enmárcase explícitamente nunha concepción constructivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  • O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  • Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  • Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas persoas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  • Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning