Gallego

Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2015

Summary: 

Está aberto o prazo para a preinscrición dos interesados na realización dun Proxecto de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP). Do mesmo xeito que no ano anterior, neste curso só haberá unha única convocatoria. O prazo de preinscrición remata o vindeiro día 3 de Novembro.
Gallego

Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2015-16. Esta modalidade de formación se desenvolve nos  propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo  os propios solicitantes  os que  deseñan  a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos  departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de  calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
A convocatoria é idéntica ao do curso pasado.

Resumo

  • Aprobaranse ata 75 proxectos
  • A contía máxima é de 1500€,  e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
  • A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
  • Entre 4-12 profesores:
    • funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP.
    • dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
    • que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
    • que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calendario de entrega de documentación

Documento Onde Antes do Observacións
Preinscrición fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” 3/11/2015 A partires do 4/11/15 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto.
Proxecto fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI 23/11/2015

O documento se descarga dende: Proxecto

Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia.

Actas das Reunións fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI.
Follas de Control de sinaturas CFR ou CAFI 30/05/2016 A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR.
Memoria final fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento se descarga dende: Memoria final
Acta final CFR ou CAFI 30/05/2016 Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes.
Actividade de aplicación directa na aula fprofe 30/05/2016 O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB.
Declaración responsable CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento descárgase dende: Declaración responsable
Facturas e Albaráns CFR ou CAFI 30/05/2016 Deben vir con data posterior ao 15/03/2016.

 

  • A selección dos proxectos e a publicación dos proxectos concedidos farase no mes de Decembro de 2015.
  • Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
  • As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.

Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección,  recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde  constarán o número de horas de traballo  realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.

Convocatoria PFFP
Proxectos de formación de FP

Introdución á protección de datos

Summary: 

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos".
Gallego

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos" . O conferenciante, D. Víctor Salgado Seguín, especialista en Dereito Informático, abordou con éxito a temática relacionada coa protección de datos e respostou as cuestión que xurdiron entre os 70 participantes.

Introdución á protección de datos
Introdución á protección de datos

Material do defensor del pueblo

Summary: 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Gallego

Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:

 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores

Materiais do defensor del pueblo

Summary: 

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Undefined

Novo recurso no apartado "Ferramentas" da web. Son dúas ligazóns para acceder ao material do "defensor del pueblo" sobre dereitos dos menores:

Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores
Material do defensor del pueblo sobre dereitos dos menores

G1503005: Desenvolvemento da LOMCE: FP básica

Gallego

Data: 

12/11/2015 - 19/11/2015

Lugar: 

Salón de Actos do CIFP Compostela

Horario: 

16:30-20:30

Sección: 

G1503005: Desenvolvemento da LOMCE: FP básica

Summary: 

Nesta actividade preténdese divulgar os aspectos mais salientables, tanto normativos como da posta en práctica, dos ciclos de Formación Profesional Básica, que veñen sendo implantados en Galicia dende o curso pasado.
Gallego

Esta actividade é a primeira edición das dúas previstas no presente plan anual de formación do profesorado de FP 2015-16. Por unha banda preténdese informar ao profesorado das características e normativa reguladora dos ciclos de FP Básica en Galicia. Para iso analizarase o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, tentando aclarar aqueles aspectos que poidan resultar mais confusos.

Ademais, tamén se quere ofrecer unha visión da problemática a que se enfrenta e características específicas do traballo do docente que imparte nestos ciclos.

O horario previsto para esta actividade é de dúas sesións os xoves 12 e 19 de Novembro de 16:30 a 20:30. Xa que esta é unha actividade de tipo centralizada, segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008 (DOG 23/4/2008) :

A admisión a estas actividades implica o permiso para asistir a elas. Este permiso seralles notificado á inspección educativa e á dirección do centro.

 

Data de comezo: 12/11/2015

Data de finalización: 19/11/2015

Lugar de celebración: Salón de Actos do CIFP Compostela

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66975

 

FP Básica
FP Básica

S1501026 Intelixencia emocional e comunicación positiva

Summary: 

Dende o día 26 de outubro ata o 10 de novembro desenvolverase no CAFI un curso sobre Intelixencia emocional e comunicación positiva, serán 10 horas de formación presencial e 4 en Rede, contará coa presenza de Ana Sanjuán e Carmen Loureiro como ponentes.
Gallego
corazón con palabras  intelixencia, emoción,comunicación, positiva,escoita
corazón con palabras

S1501057 Traballando o currículo no ámbito matemático, científico e tecnolóxico

Summary: 

Actividade dirixida ao profesorado das especialidades de matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía e tecnoloxía dentro do plan de formación 2015/2016
Gallego

Obxectivos:

  • Coñecer e analizar as características e estrutura dos novos curriculos das áreas implicadas.

  • Introducir tarefas de aula para integrar as competencias clave no proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Coñecer metodoloxías e estratexias de avaliación en consonancia co novo currículo.

Data de comezo: 5/11/2015

Data de finalización: 21/01/2016

Lugar de celebración: CAFI (Santiago de Compostela)

Número de horas totais: 20

Inscrición en fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Ver programa detallado

curriculo ambito científico

G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE

Summary: 

Proximamente iniciarase o curso on line "Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE" no que se lle mostrará ao profesorado unha serie de recursos que poden empregar na aula para o desenvolvemento das materias de economía, xeografía e historia e matemáticas. Os recursos que se mostrarán permitiran traballar con DATOS REAIS sobre o CONTORNO CERCANO e a realidade inmediata do estudante.
Gallego

O próximo luns 19 de outubro dará comezo o curso "G1501047 Ferramentas para a análise e interpretación de datos sociodemográficos do portal educativo do IGE".

Os obxectivos do curso son:

  • Mostrar ao profesorado de matemáticas, economía e xeografía e historia ferramentas para a construción de táboas e gráficos estatísticos.
  • Analizar e interpretar información estatística con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.

  • Manexar representacións gráficas de información real a través do uso didáctico da folla de cálculo.

  • Interpretar conceptos de estatística oficial usados habitualmente nos medios de comunicación

Aínda quedan prazas libres.

Inscrición en fprofe co código G1501047 : https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Para máis información consultar a guía do curso

curso IGE 2015

G1501011 A posta en práctica da acción titorial

Summary: 

Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da acción titorial e en coñecer os recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas funcións de titoría
Gallego

O día 20 de outubro de 2015 dará comezo un curso na Rede "G1501011 A posta en práctica da acción titorial",que rematará o 21 de xaneiro de 2016.
 

acción titorial
acción titorial