Gallego

A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

Summary: 

Proxecto europeo Erasmus+ sobre portfolios dixitais na avaliación.
Gallego

A Consellería de Educación e O.U. participa como socio no proxecto europeo ATS2020 (Assessment of Transversal Skills (http://www.ats2020.eu/) sobre a avaliación das competencias dos estudantes.

A finalidade do proxecto é avaliar as competencias dos estudantes mediante o uso do portfolio dixital nas materias dos primeiros curso de educación secundaria e últimos cursos de educación primaria, así como estudar e elaborar modelos de aprendizaxe a través das TIC.

O vindeiro 2 de abril (sábado) impartirase unha formación presencial en Santiago de Compostela para dar a coñecer o proxecto e centrarse na utilización do portfolio dixital na plataforma Mahara (http://mahara.eufolio.eu/) para traballar na aula, tendo como obxecto a avaliación das competencias dos estudantes.

Máis información en fprofe:X1502051 - A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

ATS20202
X1502051 - A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación

Kits de aula dixital

Summary: 

Aberto o prazo de matrícula para a formación sobre o equipamento dos novos Kits de Aula Dixital instalados
Gallego

Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación relacionada co novo equipamento (kits dixitais) instalado recentemente nas aulas do seu centro.

Os principais obxectivos son:

  1. Familiarizar ao profesorado co equipamento dos novos kits de aula Dixital instalados.
  2. Coñecer o software específico de manexo do EDI e outras aplicacións instaladas na maqueta Debian dos portátiles
  3. Presentar metodoloxías e recursos que permitan aproveitar a interactividade do EDI

Estes cursos impartiránse no terceiro trimestre.  Os presenciais constan de 12 horas en 4 sesións de 3 horas. O curso en rede, que consta de 30 horas, comezará unha vez rematados os cursos anteriores, profundizando nos contidos vistos nos presenciais.

O profesorado interesado pode inscribirse, a través da web de formación do profesorado: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

  • C1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. A Coruña
  • O1502015 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ourense
  • P1502019 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Pontevedra
  • L1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Lugo
  • F1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ferrol
  • S1502034 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. CAFI
  • V1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Vigo
  • G1501105 - Sacando partido ás aulas dixitais. En rede

Os destinatarios son todos os docentes que impartan en Primaria, Secundaria e Bacharelato, sendo a data límite para inscribirse o día 18 de marzo.

 

Kit aula dixital
Kit aula dixital

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Inscripción aberta en FPROFE
Gallego

INSCRIPCIÓN ABERTA: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Xornada para o fomento  das vocacións  STEM  en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Convocatoria de Estadías Formativas 2016

Summary: 

Ata o vindeiro día 29 de febreiro estará aberta a preinscrición ás Estadías Formativas 2016 para todo o profesorado de FP e das artes plásticas e deseño.
Gallego

Ata o vindeiro día 29 de febreiro, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial, e de Artes plásticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas, brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 11 de abril de 2016 ata o 9 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.
  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas interrompidas e o máximo é de 8 horas.
  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.
  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitala súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada, deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o seguinte modelo.

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 29 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 11 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.
  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.
  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets, etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados, e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160·0.3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

Estadías formativas en empresas

G1501058 - Despregue e administración remota e centralizada de sistemas operativos

Summary: 

Curso na Rede de 30 horas dentro da plataforma Platega2 a realizar no terceiro trimestre do curso 2015/16
Gallego

Referencia: G1501058
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  3º trimestre, Curso académico 2015/2016
Data límite de inscrición: 14/03/2016
Lugar: Na Rede
Prazas:  25

Obxectivos

1.Crear arquivos de instalación desatendida para sistemas libres e propietarios. Instalar sistemas operativos de xeito desatendido dende diferentes medios: local e por rede.

2.Configurar servizos de creación e replicación de imaxes de disco con sistemas libres e propietarios. Xestionar ferramentas de instalación remota de software.

3.Executar remotamente comandos en equipos GNU/Linux.

Contidos

1.Instalacións desatendidas (ADK, WSIM, autounattend, ciclos de instalación de Windows, kickstart, preseed), Windows Deployment Services, Sysprep.

2.Imaxe de disco. Clonezilla. Repositorio de imaxes. Clonado Multicast. Servizo centralizado de clonado: FOG. Distribución de software con OPSI. Execución masiva de comandos en GNU-Linux.

 

Acceso á ficha do curso: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ve...

Titor: Daniel Medina Méndez

Coordinador da actividade: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

despregue
despregue

G1501030 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Summary: 

O curso ten por obxecto dotar ó profesorado de estratexias que melloren o clima social dos centros, dende unha perspectiva da convivencia alternativa, baseada na prevención e na resolución pacífica de conflitos.
Gallego

O presente curso pretende dar unha breve visión sobre as estratexias actuais para a mellora da
convivencia e o enfrontamento dos conflitos interpersoais nos centros escolares, sempre dende unha
perspectiva educativa e positiva. A actividade ten por obxecto:

• Facilitar a reflexión sobre a conveniencia de instaurar nos centros educativos a cultura de paz, a
democracia participativa e a resolución pacífica de conflitos como fórmulas para a mellora da
convivencia.
• Dar a coñecer medidas para o fomento dunha convivencia positiva nos centros, xa sexan de tipo
organizativo (planificación e desenvolvemento de boas prácticas de convivencia) ou curricular
(educación emocional, educación en valores, habilidades sociais).
• Aportar estratexias para o enfrontamento dos conflitos interpersoais e dos problemas de conduta
nos centros educativos dende unha perspectiva educativa e pacífica.

G1501030 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

Summary: 

Celebraránse o 26 de febreiro no CIFP "Compostela" Consulta o programa
Gallego

Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia

S1502017 Xornadas de Actualización Laboral 2016

Summary: 

Curso do Plan anual 2015-16
Gallego

Do mesmo xeito  que en anos anteriores ,  volverase a desenvolver a actividade “Xornadas de Actualización Laboral 2016”, curso programado para profesorado das familias de Formación e Orientación Laboral  e Administración e Xestión.

Neste curso farase unha análise das novidades na normativa Laboral e de Seguridade Social para o ano 2016.

 Esta actividade se desenvolverá os días 22,23 e 29 de febreiro  en horario de 16:30  a 20:00  horas nas aulas  do CAFI.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-...

S1502017  Xornadas de Actualización Laboral 2016

G1501096 O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC

Summary: 

Actividade na Rede para o profesorado CLIL de lingua portuguesa.
Gallego

Obxectivos

1.Coñecer e empregar recursos TIC no proceso de ensino-aprendizaxe na metodoloxía CLIL

2.Fomentar o traballo colaborativo e de investigación dun xeito práctico a través das distintas ferramentas e recursos informáticos

3.Elaborar materiais didácticos aplicables no ensino CLIL

Contidos

1.Introdución ao curso a distancia

2.As catro destrezas aplicadas ao ensino CLIL

3.Metodoloxía práctica do ensino CLIL

4.Recursos TIC para o ensino CLIL

 

Data de comezo: 29/1/2016

Data de finalización: 15/4/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50 (na Rede)

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=71580

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=306

Titor: Valentim Fagim Rodrígues

Coordinador: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

G1501096  O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC
G1501096 O ensino bilingüe da lingua portuguesa a través das TIC

Curso de formación "Proxecta Etwinning"

Summary: 

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning"
Gallego

Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de formación en rede "Proxecta eTwinning". Despois dunha ausencia máis longa do normal debido aos sucesivos cambios na plataforma, eTwinning volve ofrecer o seu curso de formación en liña para docentes, con materiais e metodoloxías totalmente renovadas e adaptadas aos últimos desenvolvementos da plataforma Queres coñecer mellor eTwinning e as súas posibilidades na aula? Gustaríache actualizar os teus coñecementos sobre o programa? Tes ata o 29 de xaneiro de prazo para rexistrarte.

Podes ler a descrición do curso neste documento. Atoparás as ligazóns á sede electrónica e ás instrucións para rexistrarse no curso aquí. Aqueles que completen satisfactoriamente as tarefas do curso recibirán unha acreditación equivalente a 70 horas.

Esperámoste!

Curso de formación "Proxecta Etwinning"