Estadías formativas en empresa
Estadías formativas en empresas
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2023 estadías formativas en empresas ou institucións dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Que son?
Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou organismos equiparados para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Convocatoria
Para o ano 2023 convócanse 120 prazas de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.
Destinatarios
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
- Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Obxectivos
- Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
- Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.
Modalidades
- Modalidade A: estadías formativas en empresas ou organismos equiparados acollidas a este programa referidas no anexo I da convocatoria.
- Modalidade B: estadías formativas noutras empresas ou organismos equiparados.
Inscrición
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
- 1ª fase: ata o 22 de marzo de 2023.
- 2ª fase: ata o 29 de marzo de 2023.
Período de realización e duración
Desde o 17 de abril ata o 6 de setembro de 2023, cunha duración máxima de 160 horas.
- Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa ou organismo equiparado e o asesor ou asesora de formación en base ás preferencias dos/as solicitantes.
- Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa ou organismo equiparado.
Convocatoria de estadías formativas
Na seguinte ligazón pódese consultar a convocatoria de estadías formativas para o ano 2023:
Listaxes da convocatoria 2023
- Resolución provisional (Pendente de publicación)
- Resolución definitiva (Pendente de publicación)
- Avaliación da comisión de selección (Pendente de publicación)
Documentación relacionada coas estadías formativas
- Anexo I (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade A)
- Relación de empresas e institucións colaboradoras na Modalidade B (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade B)
- Anexo II (Solicitude de inscrición)
- Anexo III (Acordo empresa-profesor/a)
- Anexo IV (Solicitude de renuncia)
- Anexo V (Certificado de realización)