Actividades de formación
Curso 2020-2021
Publicada a relación de actividades de formación para o profesorado de formación profesional para os meses de xuño e xullo de 2020.
A planificación destas actividades ven condicionada pola situación creada pola pandemia do COVID-19. A diferenza de cursos anteriores, nos que nestas datas, se facían públicas as actividades de formación para xullo, setembro, e o primeiro trimestre do curso seguinte, nesta ocasión soamente se publican as actividades do mes de xullo, todas elas adaptadas ás novas circunstancias. Proximamente, iranse publicando novas actividades para os seguintes meses.
A maioría das actividades realizaranse utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, videoconferencia, aulas virtuais, foros, etc. Outras combinarán estes sistemas de comunicación, con sesións presenciais, que se adaptarán ás medidas sanitarias actuais: número persoas acorde ás dimensións dos locais, varias quendas, uso de máscaras, limpeza de equipamentos e locais, etc.
Algunhas das actividades teñen a finalidade de avanzar na formación do profesorado en ferramentas didácticas adaptadas á nova realidade da docencia non presencial. Neste sentido ofértanse: Moodle avanzado, Creación de contidos dixitais en Chamilo LMS, Elaboración de material didáctico mediante infografías, Aplicacións Web 2.0 na aula, Aplicación da metodoloxía Flipped Learning, e Xestión de proxectos con ferramentas Trello e Slack . A relación de actividades é a seguinte:
Actividade | Datas |
A dixitalización do laboratorio de próteses dentais. Deseño con Exocad e Impresión 3D | 1ª quincena de xullo |
Aplicación da metodoloxía Flipped Learning | 1ª quincena de xullo |
Aplicacións Web 2.0 na aula | 1ª quincena de xullo |
Axustes do sistema ADAS e desconexión selectiva de cilindros | Xuño |
Cad con SolidWorks. Nivel I | 1ª quincena de xullo |
Circuítos básicos en hidráulica e pneumática | 1ª quincena de xullo |
Creación de contidos dixitais en Chamilo LMS | 1ª quincena de xullo |
Creación dun blogue como espazo de reflexión e posta en valor | 1ª quincena de xullo |
Curso práctico de fibra óptica | 1ª quincena de xullo |
Elaboración de material didáctico mediante infografías | 1ª quincena de xullo |
Envasado e conservación de alimentos de IV e V gama | Xullo |
Estratexias de resolución de conflitos e motivación ao logro | 1ª quincena de xullo |
Estratexias de resolución de conflitos e motivación ao logro | 2ª quincena de xullo |
Iniciación ao mecanizado en fresadora universal | 2ª quincena de xullo |
Iniciación ao mecanizado en torno paralelo | 1ª quincena de xullo |
Manipulación de novos refrixerantes en instalacións frigoríficas e de climatización | 1ª quincena de xullo |
Moodle avanzado | 1ª quincena de xullo |
Obtención de moldes e pezas con materiais compostos | 1ª quincena de xullo |
Operacións básicas de mantemento eléctrico | 1ª quincena de xullo |
Sistema antipolución diesel Nox Ad Blue | 1ª quincena de xullo |
Técnicas de venda. Fixación do prezo e deseño da promoción | 1ª quincena de xullo |
Vehículo eléctrico | Xuño |
Vehículo híbrido | 1ª quincena de xullo |
Xestión de proxectos con ferramentas Trello e Slack | 2ª quincena de xullo |
Xestión de reunións e presentacións mediante ferramentas de videoconferencia | 2ª quincena de xullo |
Para máis información ou realizar a inscrición nestas actividades: www.edu.xunta.es/fprofe.
Nota: Aínda que na aplicación fprofe a actividade estea clasificada como presencial, realizarase utilizando ferramentas de comunicación telemáticas, e nalgún caso, con algunha sesión presencial. Nestas sesións presenciais, adoptaranse as medidas sanitarias que require a situación actual derivada da pandemia do COVID-19.