G1501059 Electrónica básica e redes multiplexadas

Proximamente vai ter lugar unha nova edición desta actividade formativa en rede dirixida ao profesorado de FP da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos. Cambia a duración da sesión presencial con respecto á da edición do curso pasado.
Mar, 12/01/2016 - 10:09
Redes multiplexadas

Os sistemas de comunicación multiplexados, forman parte da electrónica dos automóbiles na actualidade. Como tal detectouse a necesidade de formación nesta temática para o profesorado da familia de Transporte de mantemento de vehículos.

O curso parte dos conceptos básicos da electrónica dixital como a base para poder entender o funcionamento dun sistema multiplexado, e posteriormente estúdanse os diferentes buses de comunicación multiplexados actualmente usados nos vehículos, así como a súa diagnose.

Os titores son profesores da especialidade de Organización e procedementos de mantemento de vehículos do IES As Mariñas (Betanzos) , que completaron os seus coñecementos previos por medio proxectos de formación de FP orientados a profundizar nesta novidosa materia.

A actividade inclúe unha sesión presencial de 7 horas de duración que terá lugar no IES As Mariñas (Betanzos) os días xoves 3 de Marzo e venres 4 de Marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas. Ao longo da fase en rede do curso, dividirase ao profesorado participante en dous grupos de 13 persoas como máximo; de xeito que un grupo acudirá á sesión presencial do xoves, e o outro á do venres. As sesións as impartirán os mesmos titores que a parte en rede, e durante as mesmas se traballarán aspectos prácticos da electrónica de buses de comunicacións dos automóbiles coa axuda das maquetas dispoñibles no centro.

É unha actividade centralizada polo que segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008, o permiso para asistir á sesión presencial xa ven concedido de facto sen necesidade de solicitalo á inspección educativa.

Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.

Data de comezo:  22/1/2016

Data de finalización: 4/3/2016

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 37

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66972

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=199