Gallego

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

A Consellería de Cultura e Educación mostra a representantes do departamento educativo do goberno de La Rioja o funcionamento do sistema de ensino galego

Summary: 

Capellán e os seus colaboradores mostráronse gratamente sorprendidos pola calidade e amplitude da rede de formación do profesorado que a Xunta de Galicia sostén, froito da súa aposta polos docentes como piar fundamental para a mellora da educación.
Gallego

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o consejero de Educación, Cultura e Turismo de La Rioja, Gonzalo Capellán de Miguel mantiveron un encontro de traballo, acompañados por membros dos seus equipos directivos, no que afondaron no funcionamento do sistema educativo galego. Nesta xuntanza os representantes do departamento de ensino do goberno autonómico rioxano amosaron o seu interese polas diferentes iniciativas que a Consellería está a desenvolver en materia de aprendizaxe de idiomas e para a integración das novas tecnoloxías en colexios e institutos.
Ademais, Capellán e os seus colaboradores mostráronse gratamente sorprendidos pola calidade e amplitude da rede de formación do profesorado que a Xunta de Galicia sostén, froito da súa aposta polos docentes como piar fundamental para a mellora da educación; un sistema ao que se aproximaron na súa visita ao Centro Autonómico de Formación do Profesorado (CAFI). Non en balde, a Rede de Formación Permanente do Profesorado, coordinada desde o CAFI, ten desde hai un ano a certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008.
No marco desta xuntanza ambas as partes manifestaron o seu interese en intercambiar experiencias e boas prácticas a prol da mellora da calidade educativa nas súas respectivas Comunidades. Tras a reunión e a visita ao CAFI, o equipo da Consejería de Educación, Cultura e Turismo de La Rioja desprazouse á Cidade da Cultura de Galicia para asistir á inauguración da exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.
 
visitacafi2
 
reunion3
 
visitaCAFI
visitaCAFI
reunion
reunion2

Conferencia de Francesco Tonucci: "O alumnado competente para a vida"

Summary: 

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.gal/fprofe
Gallego

Francesco Tonucci dará unha conferencia na Cidade da Cultura a tarde do vindeiro martes 7 de maio.

O recoñecido mestre, pedagogo e investigador compartirá cos profesionais da educación galega o seu traballo sobre as competencias reais, para a vida, que o alumnado precisa.

O encontro terá lugar ás 19:00 horas no auditorio 177 do CINC (Centro de Innovación Cultural).

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.es/fprofe

 

tonucci
tonucci

Zygmunt Bauman: Educación Líquida

Summary: 

Zygmunt Bauman (Poznań, Polonia, 1925) é un sociólogo, filósofo e ensaista polaco. É coñecido por acuñar o termo, e desenvolver o concepto, da "modernidade liquida". Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2010.
Gallego

Zygmunt Bauman, sociólogo y filosofo, es conocido por ser el creador del concepto de modernidad líquida.

Vivimos en tiempos de acelerados cambios socioculturales provocados en parte por el impacto transformador de las tecnologías digitales. Son tiempos líquidos y la educación requiere nuevos modelos para construir una identidad digital como sujetos con capacidad de sobrevivir y surfear en estas aguas turbulentas.

En su libro 'LOS RETOS DE LA EDUCACION EN LA MODERNIDAD LIQUIDA' Zigmunt Bauman parte de lo que llama el “síndrome de la impaciencia”, un estado de ánimo que considera como abominable el gasto del tiempo. Así, el consumismo característico de estos tiempos no se define por la acumulación de las cosas, sino por el breve goce de éstas.

Desde esta visión se ve a la educación como un producto, más que como un proceso. Así la educación parece abandonar la noción del conocimiento útil para toda la vida, para sustituirla por la noción del conocimiento de “usar y tirar”.

Zigmut Bauman
O sociólogo Zigmut Bauman

Video: 

Zygut Bauman

Caderno intercultural

Nesta sección encontraredes bancos, galerías e coleccións de sons, fotografías, ilustracións, animacións, vídeos, iconas e símbolos de uso libre ou con licenzas Creative Commons para empregar nos vosos traballos e proxectos didácticos ou educativos.

Podedes acceder a través desta ligazón: CADERNO INTERCULTURAL
Gallego
cuaderno intercultural

Eventos de ámbito autonómico do segundo e terceiro trimestre

Summary: 

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.
Gallego

Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.

eventos

eventos segundo trimestre

Concurso de Proyectos de Educación Vial

Summary: 

Co obxectivo de implantar a educación viaria dentro dos programas educativos e formativos dos Centros Educativos nos que se imparten ensinanzas non universitarias, convoca o Concurso de Proyectos de Educación Vial (Iª edición) 2012-2013.
Gallego

A Dirección Xeral de Tráfico, que ten entre os seus propósitos a mellora da seguridade viaria  de tódolos cidadáns, ven desenvolvendo distintos programas de educación viaria que tratan de abarcar a toda a sociedade e que queren contribuír dese xeito a unha mellora de hábitos, actitudes e comportamentos do suxeito nas súas diferentes vertentes de peón, conductor ou usuario dos transportes.

Co obxectivo de implantar a educación viaria  dentro dos programas educativos e formativos dos Centros Educativos nos que se imparten ensinanzas non universitarias, convoca o Concurso de Proyectos de Educación Vial (Iª edición) 2012-2013.

seguridad vial
Seguridad_Vial

IV Seminario de Atención Educativa ao Alumno Inmigrante

Summary: 

VI Seminario Nacional de atención educativa ao alumnado Inmigrante. Santiago de Compostela, 14-15 decembro 2012
Gallego

VI Seminario Nacional de atención educativa ao alumnado Inmigrante.

Santiago de Compostela, 14-15 decembro 2012

Lugar de celebración: EGAP

Se eres Profesor/a preme neste enlace para Inscribirte

O profesorado que complete o formulario recibirá confirmación da súa recepción. En caso de que non a reciba deberá poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico: cristina.varela@usc.es. A Consellería recoñece 10 horas de formación ao profesorado.

Prazo de inscrición para o Alumnado da Facultade de CC. da Educ.: do 12 ao 21 de nov.

Se eres Alumno/a da Fac. CC. da Educ. preme neste enlace Inscribirte

IV seminario
banner seminario